Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se publica a aprobación definitiva do proxecto sectorial do Observatorio Astronómico no monte do Faro.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 15 de decembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal o proxecto do Obser

vatorio Astronómico no monte do Faro, en Rodeiro, de conformidade e cos efectos previstos pola Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e o Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

2. Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto sectorial do Observatorio Astronómico no monte do Faro, cos efectos previstos polo artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Aproba-la relación de bens e dereitos obxecto de expropiación para a execución do proxecto sectorial do Observatorio Astronómico no monte do Faro, que figura no expediente e que será publicada e notificada ós interesados.

4. As obras especificadas no proxecto sectorial quedan cualificadas como de marcado carácter territorial e non estarán suxeitas a licencia urbanística municipal, de acordo coa disposición adicional primeira de Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia.

Contra esta resolución, que é difinitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses e na forma indicada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; e con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o Consello da Xunta de Galicia, no prazo dun mes e na forma indicada pola Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2000.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo