Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se publica a relación definitiva de propietarios e titulares de bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto sectorial do Observatorio Astronómico en monte do Faro e convócanse para o levantamento de actas previas á ocupación polo trámite de urxencia.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 15 de decembro de 2000, acordou declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens necesarios para a execución do proxecto sectorial do Observatorio Astronómico no monte do Faro, e aproba-la relación definitiva de bens e dereitos obxecto de expropiación.

En cumprimento do citado acordo publícase a relación definitiva de bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto sectorial do

Observatorio Astronómico no monte do Faro, segundo se especifica a continuación:

* Descrición do termo que se expropia.

Termo municipal de Rodeiro (Pontevedra), parroquia de Santa Baia de Camba, nas proximidades do vértice xeodésico do monte do Faro. Predio de 25.980 m de superficie, linda:

Norte: resto do monte do Faro (datos catastrais, polígono 120 parcela 1113).

Sur: devasa e camiño.

Leste: camiño e resto do monte do Faro (datos catastrais, polígono 120 parcela 1113).

Oeste: devasa.

Propietario: propiedade litixiosa.

Así mesmo, de conformidade co disposto polo artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, convócanse as persoas que figuran como interesados no expediente de expropiación de referencia, e que se relacionan a continuación, para que comparezan no lugar, data e hora que se detallan, para proceder ó levantamento da acta previa á ocupación, na que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación.

Lugar: no predio que se expropia anteriormente descrito.

Data: 1 de febreiro de 20001.

Hora: 10 horas.

Interesados:

Alcalde-presidente do Concello de Rodeiro, na súa representación.

Marín Ledo Toubes, en representación da xunta xestora para a clasificación do monte veciñal da parroquia de Santa Baia de Camba.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debi

damente autorizada para actuar no seu nome, podendo facerse acompañar, pola súa conta e se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2000.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo