Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 211

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 28 de decembro de 2000 pola que se convocan eleccións e se dictan normas para a renovación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

O Decreto 835/1972, do 23 de marzo (BOE nº 87, do 11 de abril), polo que se aproba o regulamento

da Lei 25/1970, estatuto do viño, a viña e os alcois, establece no seu artigo 89.3º, en relación cos vocais dos consellos reguladores das denominacións de orixe, que os seus cargos serán renovados cada catro anos, podendo ser reelixidos.

Ademais, o artigo 29 do Regulamento da denominación de orixe Rías Baixas e do seu consello regulador, aprobado por orde da Consellería de Agricultura do 23 de outubro de 1996 (DOG nº 212, do 29 de outubro), e ratificado pola orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 11 de setembro de 1997 (BOE nº 230, do 25 de setembro), establece a constitución do consello regulador desa denominación.

Para a constitución dos consellos reguladores deben observarse, en todo caso, as prescricións contidas no Real decreto 2004/1979, do 13 de xullo, modificado polo Real decreto 3182/1980, do 30 de decembro, tendo en conta que, de conformidade co previsto no artigo 30.I.4 do Estatuto de autonomía de Galicia e o Real decreto 4189/1982, do 29 de decembro, a competencia para constituír aqueles corresponde a esta Comunidade Autónoma, respecto das denominacións de orixe do seu exclusivo ámbito territorial.

Por iso, tendo presente que as anteriores eleccións para a renovación dos vocais do consello regulador da denominación de orixe Rías Baixas foron convocadas por orde da anteriormente denominada Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 10 de maio de 1996 (DOG nº 95, do 15 de maio de 1996), resulta necesario proceder á convocatoria de novas eleccións, co fin de renova-los cargos de vocais do dito consello regulador.

Polo tanto, vista a proposta do consello regulador da denominación de orixe Rías Baixas e logo de audiencia das organizacións profesionais agrarias e asociacións sectoriais, en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º

Pola presente orde convócanse eleccións para a renovación do consello regulador da denominación de orixe Rías Baixas.

Artigo 2º

Integran a administración electoral para a citada denominación de orixe, a xunta electoral central, a xunta electoral da denominación e as mesas electorais.

Artigo 3º

1. A xunta electoral central, con sede nos servicios centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e

Política Agroalimentaria, en Santiago de Compostela, estará composta por:

Presidente:

-O director xeral de Industrias e Alimentación.

Suplente: o subdirector xeral de Comercialización Agroalimentaria da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.

Vocais:

-O xefe do Servicio Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Suplente: un funcionario do grupo A da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

-O xefe do Servicio de Promoción Agroalimentaria da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.

Suplente: o xefe do Servicio de Defensa da Calidade Agroalimentaria da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.

-Tres representantes, como máximo, das organizacións profesionais agrarias de ámbito galego.

-Tres representantes, como máximo, das asociacións empresariais do sector vinícola.

-Tres representantes, como máximo, das cooperativas e sociedades agrarias de transformación (SAT) do sector vitícola.

Secretario:

-O xefe do Servicio de Xestión Administrativa do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Suplente: un funcionario do grupo A, licenciado en dereito da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

2. A xunta electoral da denominación, con sede na Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Pontevedra está composta por:

Presidente:

-O delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Pontevedra.

Suplente: o xefe do Servicio de Industrias e Comercialización Agroalimentaria da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Pontevedra.

Vocais:

-O xefe do Servicio Técnico-Xurídico da delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Pontevedra.

Suplente: un funcionario do grupo A da delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Pontevedra.

-O xefe do Servicio de Industrias e Comercialización Agroalimentaria da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Pontevedra.

Suplente: un funcionario do grupo A de dita delegación.

-Tres representantes, como máximo, das organizacións profesionais agrarias de ámbito galego.

-Tres representantes, como máximo, das asociacións empresariais do sector vinícola.

-Tres representantes, como máximo, das cooperativas e sociedades agrarias de transformación (SAT) do sector vitícola.

Secretario:

-Un funcionario do corpo superior, licenciado en dereito, dependente da delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Pontevedra.

Suplente: un funcionario que cumpra os mesmos requisitos.

3. Por cada un dos representantes das organizacións profesionais agrarias, asociacións empresariais e das cooperativas e SAT das citadas xuntas electorais, designarase un suplente.

4. En calquera caso, unha mesma persoa non poderá formar parte da xunta electoral central e da xunta electoral da denominación.

5. Os membros da xunta electoral central e da xunta electoral da denominación, que asistan ás súas reunións, terán dereito a percibi-las seguintes indemnizacións:

-Por asistencia:

Presidente e secretario: 12.000 pesetas/día.

Vocais: 10.000 pesetas/día.

-Por desprazamento: 24 pesetas/km.

Artigo 4º

1. A presentación de candidatos ás xuntas electorais, como representantes das organizacións profesionais agrarias, asociacións empresariais, cooperativas e sociedades agrarias de transformación (SAT) requirirá, en cada caso, o cumprimento dos requisitos seguintes:

a) As organizacións profesionais agrarias presentarán:

-Certificación da formalización do depósito dos seus estatutos.

-Acordo do órgano de goberno da organización, no que se propoña o representante e o seu suplente.

-Número de fax e/ou enderezo de correo electrónico autorizado/s pola organización para os efectos de recepción das convocatorias e comunicacións relacionadas co proceso electoral.

b) As asociacións empresariais, cooperativas vitivinícolas, a unión daquelas ou destas, e as sociedades agrarias de transformación:

-Acordo do consello rector, órgano de goberno ou, no caso das unións, dos respectivos consellos rec

tores ou órganos de goberno, propoñendo o representante e o seu suplente.

-Número de fax e/ou enderezo de correo electrónico autorizado/s pola organización para os efectos de recepción das convocatorias e comunicacións relacionadas co proceso electoral.

2. No suposto de organizacións profesionais agrarias, asociacións empresariais, cooperativas, ou sociedades agrarias de transformación integradas noutras de ámbito superior, aquelas unicamente poderán presentar candidatos se estas non o fixeran.

3. As candidaturas á xunta electoral central e á xunta electoral da denominación presentaranse, respectivamente, ante a Dirección Xeral de Industrias e Alimentación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, en Santiago de Compostela, e ante a Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de Pontevedra, no prazo de tres días contado desde o 8 de xaneiro de 2001 (día D), de acordo co establecido no calendario fixado no anexo I.

O dito prazo de presentación de candidaturas rematará ás 14 horas do día 11-1-2001.

A designación dos membros, titulares e suplentes, das xuntas central e da denominación, será realizada, respectivamente, polo director xeral de Industrias e Alimentación e polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, o día (D+3+4), mediante cadansúa resolución que se farán públicas, en ámbolos dous casos, nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e da delegación provincial de Pontevedra.

Contra as ditas resolucións poderase interpor recurso ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no prazo de dous días (D+7+2), quen resolverá no prazo de dous días (D+9+2).

4. A constitución da xunta electoral central e da xunta electoral da denominación terá lugar o día (D+15).

5. Ningún membro, titular ou suplente, das xuntas electorais, poderá presentarse como candidato a vocal do consello regulador.

Artigo 5º

1. A xunta electoral central terá as seguintes funcións:

-A organización, coordinación e vixilancia do cumprimento das funcións asignadas á xunta electoral da denominación.

-Cursar instruccións de obrigado cumprimento á xunta electoral da denominación.

-Resolver, con carácter vinculante, as consultas que lle eleve á xunta electoral da denominación.

-Revogar, de oficio ou por instancia de parte, as decisións da xunta electoral da denominación.

-Resolve-las queixas e reclamacións que se lle dirixan, sempre e cando non sexan competencia da xunta electoral da denominación.

-Resolve-los recursos que se interpoñan en relación coa aprobación definitiva dos censos definitivos, coa proclamación dos candidatos, así como coa proclamación dos vocais electos.

-Proclamación definitiva dos candidatos e proclamación definitiva dos vocais electos.

-Corrixi-las infraccións que se produzan no proceso electoral sempre que non sexan constitutivas de delicto, e impoñer multas ata a contía máxima prevista no artigo 153 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral.

-Calquera outra que lle atribúa a presente orde.

2. A xunta electoral da denominación terá as seguintes funcións:

-Determina-las sedes das mesas electorais.

-Publicación das listas de electores inscritos nos rexistros da denominación e exposición delas na sede do consello regulador, Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Pontevedra, e casas dos concellos que englobe a denominación.

-Decidir sobre as queixas e reclamacións en relación coas ditas listas.

-Aprobación das listas definitivas.

-Recepción das candidaturas a vocais do consello regulador.

-Proclamación provisional de candidatos.

-Designación dos compoñentes das mesas electorais, e comunicación ós interesados.

-Vixilancia das votacións.

-Garanti-la transparencia e obxectividade do proceso electoral.

-Calquera outra que lle atribúa esta orde.

Capítulo II

Censos

Artigo 6º

1. O censo electoral elaborado polo consello regulador da denominación de orixe Rías Baixas estará constituído por todos e cada un dos titulares inscritos nos rexistros correspondentes do consello regulador, e segundo a normativa vixente ó respecto.

Os inscritos deberán figurar ordenados por municipios e alfabeticamente, segundo o formato que se establece no anexo II.

2. A representación por sectores estará composta por:

-Sector vitícola:

Censo A: constituído polos titulares de viñedos inscritos no rexistro de viñas do consello regulador e que sexan socios de cooperativas ou sociedades agrarias de transformación.

Censo B: constituído polos titulares de viñedos inscritos no rexistro de viñas do consello regulador e non incluídos no censo A.

-Sector vinícola:

Censo C: constituído polos titulares de adegas inscritas no rexistro correspondente e que teñan unha capacidade declarada inferior a 20.000 litros.

Censo D: constituído polos titulares de adegas inscritas no rexistro correspondente e que teñan unha capacidade declarada igual ou superior a 20.000 litros.

3. O número de vocais correspondente a cada un dos censos citados será o establecido no anexo IV.

Artigo 7º

Para figurar nos censos respectivos será necesario reuni-las seguintes condicións:

a) Estar inscrito no rexistro correspondente do consello regulador, antes da data de entrada en vigor da presente orde.

b) Non estar inhabilitado no exercicio do dereito de sufraxio activo.

No caso de que o titular dun viñedo teña unha parte da súa explotación adherida a cooperativa ou SAT e outra non, só terá dereito a ser elector e elixible no censo no que conte con maior número de hectáreas e, no caso de igualdade, no censo de cooperativas e SAT.

O titular de viñedos inscritos no rexistro de viñas do consello regulador que deba figurar no censo de cooperativas e SAT, e que posúa viñas en varios concellos, só se incluirá no censo do termo municipal no que sexa titular do maior número de hectáreas inscritas no rexistro do consello.

Artigo 8º

A xunta electoral da denominación, unha vez recibidos do consello regulador os censos correspondentes, e despois das comprobacións que estime oportunas, dilixenciará coas sinaturas do secretario da xunta e o conforme do presidente dela, de acordo co anexo II, tódolos censos, e ordenará a súa exposición o día (D+18) nos lugares seguintes: sede do consello regulador, Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Pontevedra, e casas dos concellos integrados na denominación. Os censos expostos na sede do consello regulador e na delegación provincial comprenderán a totalidade da denominación, e os expostos nos concellos, só os da súa respectiva circunscrición.

A presentación de reclamacións e recursos ós censos, así como a súa resolución, axustarase ó calendario establecido no anexo I.

Artigo 9º

A remisión dos censos provisionais ós lugares citados no artigo anterior deberá realizarse achegando oficio do secretario da xunta electoral da denominación, segundo o modelo que figura no anexo III.

Capítulo III

Presentación de candidatos a vocais do consello regulador e proclamación deles

Artigo 10º

1. O número de vocais do consello regulador será o seguinte:

* 8 vocais en representación do sector vitícola.

* 8 vocais en representación do sector vinícola.

2. Para a elección dos vocais representativos dos censos a que se refire o artigo 6º, serán electores e elixibles os pertencentes a cada un dos ditos censos, sempre e cando non se encontren incursos nas causas de inelixibilidade previstas nos artigos 6 e 7 da Lei orgánica 5/1985, de réxime electoral xeral.

3. No caso de que un mesmo titular figure inscrito en máis dun censo, poderá ser elector en cada un deles. Sen embargo só poderá ser elixible por un deles, debendo o interesado optar polo que máis lle interese. En ningún caso unha mesma persoa física ou xurídica inscrita en varios rexistros do consello regulador poderá ter neste representación dobre, unha no sector vitícola e outra no sector vinícola, nin directamente nin a través de empresas filiais ou socios delas, segundo o previsto polo artigo 30 do regulamento da denominación.

4. No caso de persoas xurídicas inscritas, o candidato a vocal será a propia persoa xurídica, que estará representada no consello regulador (no caso de resultar elixida) polo seu representante con poder notarial especial para o efecto.

5. As candidaturas presentaranse mediante lista pechada de candidatos, constando dun suplente por cada titular.

6. O número de vocais paraa elixir distribuirase por censos e subzonas do xeito que figura no anexo IV. A atribución das vocalías en función dos resultados do escrutinio realizarase conforme as regras previstas no artigo 163.1º da LO 5/1985, de réxime electoral xeral.

7. As candidaturas para a elección de vocais do consello regulador da denominación de orixe que vaian representar a cada un dos censos presentaranse mediante solicitude de proclamación ante a xunta electoral da denominación no prazo de catro días naturais desde o inicio da exposición de censos definitivos (D+39+4).

Artigo 11º

1. Poderán propoñer candidaturas as cooperativas, sociedades agrarias de transformación, organizacións profesionais agrarias, asociacións profesionais e os independentes que sexan avalados polo menos polo 5 por 100 do total de electores do censo de que se trate.

2. Ningunha cooperativa, sociedade agraria de transformación, organización profesional agraria ou asociación profesional poderá presentar máis dunha lista de candidatos para o mesmo censo. Na presentación destas candidaturas non poderán empre

garse símbolos ou identificacións propios de partidos políticos.

3. Ningún inscrito poderá presentarse en máis dunha lista de candidatos, considerándose, de se-lo caso, unicamente válida a primeira candidatura presentada.

4. Coa lista de candidatos acompañarase declaración xurada de cada un deles conforme non incorren en ningunha causa de inelixibilidade.

Artigo 12º

1. Ningunha organización profesional agraria, asociación profesional, cooperativa ou SAT, integrada noutra superior poderá presentar lista propia de candidatos, se o fai a de maior ámbito.

As listas que presenten as organizacións profesionais agrarias ou asociacións profesionais, deberán ir subscritas por aqueles que exerzan a súa representación, de acordo cos seus estatutos.

As demais candidaturas serán presentadas polos seus promotores. A identidade dos asinantes, no suposto de presentación polos electores, acreditarase ante a xunta electoral da denominación, que comprobará se os propostos e adheridos figuran no censo correspondente.

2. As listas presentaranse ante a xunta electoral da denominación expresando claramente os datos seguintes:

a) A denominación que se propón.

b) O nome e apelidos dos candidatos, tanto titulares como suplentes.

c) A orde de colocación dos candidatos dentro de cada lista.

A secretaría da xunta electoral da denominación estenderá dilixencia na que faga consta-la data e hora da presentación, e expedirá recibo dela.

A cada lista asignaráselle un número correlativo coa orde de presentación.

d) As listas deberán presentarse acompañadas de declaracións de aceptación das candidaturas, subscritas polos candidatos, que deberán reuni-las condicións de elixibilidade.

No caso das persoas xurídicas, tamén se xuntará acordo do órgano de goberno ou rector polo cal propoñen o seu representante.

e) Será requisito indispensable para a admisión das candidaturas por parte da xunta electoral da denominación, o nomeamento, para cada lista, dun representante con domicilio na capital da provincia, que será o encargado de realizar tódalas xestións da respectiva candidatura ante a xunta electoral da denominación, así como o chamado a recibi-las notificacións que esta poida realizar.

O domicilio do representante, que poderá ser ou non candidato, farase constar ante a secretaría da xunta electoral da denominación no momento da presentación da candidatura.

Artigo 13º

Finalizado o prazo de presentación, as candidaturas quedarán proclamadas provisionalmente o día (D+46), salvo causa de inelixibilidade ou non inclusión no censo, circunstancia que, denunciada ou apreciada pola xunta electoral da denominación, suporá a exclusión do candidato.

Artigo 14º

1. Unha vez proclamadas provisionalmente as distintas candidaturas, a xunta electoral da denominación acordará a súa exposición nos mesmos lugares establecidos para a exhibición dos censos.

2. Expostas as distintas candidaturas poderán presentarse reclamacións ante a xunta electoral da denominación dentro dos catro días seguintes (D+46+4) á proclamación provisional das candidaturas.

A xunta electoral da denominación deberá resolver estas reclamacións nos tres días seguintes (D+50+3).

Contra os acordos da xunta electoral da denominación cabe recurso ante a xunta electoral central no prazo de catro días (D+53+4), tendo a dita xunta tres días para resolver (D+57+3).

Capítulo IV

Da campaña electoral

Artigo 15º

1. Enténdese por campaña electoral, para os efectos desta orde, o conxunto de actividades lícitas levadas a cabo polos candidatos encamiñadas á captación de sufraxios.

2. A campaña electoral comezará o día 10-3-2001 (D+61) e finalizará o día 23-3-2001 (D+74).

3. Terminará, en todo caso, ás 24 horas do día 23-3-2001, non podéndose realizar desde entón propaganda de ningún xénero a favor de ningunha candidatura.

Capítulo V

Das papeletas e sobres

Artigo 16º

As papeletas serán facilitadas pola xunta electoral da denominación ás mesas electorais correspondentes contra recibo asinado polo seu presidente.

En cada mesa electoral deberá instalarse unha urna para cada un dos censos determinados no artigo 6º, cos distintivos: censo A, censo B, censo C, censo D, salvo que a xunta electoral da denominación, polo escaso número de electores dalgún censo nunha determinada mesa, e co fin de garanti-lo segredo do voto, determine a agrupación de dúas ou mais mesas para eses censos.

As papeletas confeccionaranse en diferentes cores, que serán determinados pola xunta electoral central. O formato das papeletas será o que se indica como exemplo no anexo V. En ningún caso o número de papeletas recibidas polo presidente dunha mesa

poderá ser inferior ó dobre dos electores correspondentes a esa mesa electoral.

Artigo 17º

Os sobres confeccionaranse nas mesmas cores cás papeletas dos diferentes censos. O formato será o que se indica no anexo VI.

Artigo 18º

Cada papeleta conterá unha única candidatura.

Capítulo VI

Dos apoderados e interventores

Artigo 19º

1. Os representantes de cada unha das candidaturas que se presentan a estas eleccións poderán apoderar a calquera cidadán de nacionalidade española, maior de idade e que se encontre en pleno exercicio dos seus dereitos civís e políticos, co obxecto de que exerza a representación da candidatura correspondente para tódolos efectos electorais.

2. O dito apoderamento formalizarase ante a secretaría da xunta electoral da denominación, que expedirá a correspondente credencial, conformada de acordo co modelo que figura no anexo VII.

3. Os apoderados estarán obrigados a amosárlle-las súas credenciais e DNI ós membros das mesas electorais, como requisito indispensable para poderen exercita-los dereitos previstos na Lei 5/1985.

Artigo 20º

1. Os representantes de cada candidatura poderán, así mesmo, nomear dous interventores por cada mesa electoral, ata o terceiro día anterior ó da votación, mediante a expedición de credenciais conformadas por cuadriplicado, de acordo co modelo que figura no anexo VIII.

2. Para ser designado interventor é preciso estar inscrito no censo electoral da correspondente mesa, exercendo o seu dereito de sufraxio na mesa na que están acreditados.

3. Un interventor, dos dous designados para cada mesa, poderá asistir á mesa electoral e participar nas súas deliberacións, con voz pero sen voto, e exerce-los demais dereitos previstos na Lei 5/1985.

4. Para os efectos do disposto no punto anterior, os interventores dunha mesma candidatura, acreditados ante a mesa, poderán substituírse libremente entre si.

Capítulo VII

Das mesas electorais e a súa constitución

Artigo 21º

1. As mesas electorais son os órganos encargados de presidi-las votacións, realiza-lo escrutinio, publicar resultados e velar pola pureza do sufraxio.

Estarán integradas por un presidente e dous vocais, designados pola xunta electoral da denominación, por sorteo entre os electores que, sendo maiores de

idade e menores de 65 anos, saiban ler e escribir. O presidente de cada mesa deberá ter, como mínimo, a titulación de graduado escolar ou equivalente.

2. Os membros das mesas electorais teñen dereito á indemnización de 10.000 pesetas/día, tanto o presidente como os vocais, que se lles aboarán no día da votación.

3. Igualmente procederase ó nomeamento de dous suplentes por cada un dos membros da mesa.

4. A xunta electoral da denominación nomeará, para cada mesa, un funcionario da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, que terá como funcións as de abrir e pecha-lo local electoral, efectua-lo pagamento das indemnizacións ós membros da mesa, recolle-lo sobre coa copia da documentación electoral, así como calquera outra que se prevexa na presente orde ou que lle poidan asigna-las xuntas electorais.

Artigo 22º

1. Os cargos de presidente e vocal das mesas electorais son obrigatorios. Non poderán exercelos aquelas persoas que se presenten como candidatos.

2. Una vez realizada a súa designación, deberá ser notificada ós interesados no prazo de catro días (D+60+4), dispoñendo estes dun prazo de seis días (D+64+6) para alegar ante a xunta electoral da denominación causa xustificada e documentada que lles impida acepta-lo cargo. A xunta electoral da denominación resolverá no prazo de dous días (D+70+2) e sen ulterior recurso.

Artigo 23º

O número de mesas electorais correspondentes a cada unha das seccións electorais existentes será fixado pola xunta electoral da denominación atendendo en todo caso a lles facilitar ós electores o exercicio do dereito de sufraxio, así como a garanti-lo dereito ó segredo do voto, sen prexuízo de que sexan consideradas as dispoñibilidades orzamentarias e de persoal da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Artigo 24º

1. O presidente e os vocais de cada mesa electoral, así como os seus suplentes, reuniranse ás oito horas do día 25 de marzo de 2001 (D+76) no local designado para a votación.

2. Se o presidente non acudise substituirao o primeiro suplente. No caso de faltar este, substituirao o segundo suplente e se este tampouco acudise tomará posesión como presidente o primeiro vocal ou o segundo por esta orde. Os vocais que non acudisen ou que tomasen posesión como presidente serán substituídos polos seus suplentes.

3. En ningún caso poderá constituírse a mesa sen a presencia dun presidente e dous vocais. No caso de que non se poida cumprir este requisito, os membros da mesa presentes e os suplentes que acudisen estenderán e subscribirán unha declaración dos feitos acontecidos, que se enviará de inmediato á xunta

electoral da denominación, quen nomeará as persoas máis idóneas para constituí-la mesa electoral.

4. Reunidos o presidente e os vocais, recibirán entre as oito e as oito trinta as credenciais dos interventores que se presenten. Se se presentasen na mesa despois das oito trinta, o presidente non lles dará posesión do seu cargo.

5. Ás oito trinta horas o presidente estenderá a acta de constitución da mesa (segundo modelo que figura no anexo IX), asinado por el, os vocais e os interventores, se os houbese, entregando unha copia dela ó representante, apoderado ou interventor que a reclame.

Na acta expresarase necesariamente con qué persoas queda constituída a mesa en concepto de membros dela e a relación nominal dos interventores, se os houbese, con indicación da candidatura que representen.

Así mesmo, farase constar calquera incidente que afecte á orde no local electoral, e o nome e apelidos de quen os provocou.

O presidente da mesa terá, dentro do local, autoridade plena para conserva-la orde e asegura-la liberdade dos electores e mante-la observancia da lei.

Artigo 25º

A determinación dos locais correspondentes a cada mesa electoral será efectuada pola xunta electoral da denominación.

Capítulo VIII

Da votación, escrutinio e redacción de actas

Artigo 26º

Estendida a acta de constitución da mesa, a votación iniciarase ás nove horas e continuará sen interrupción ata as vinte horas.

Só por causa de forza maior poderá non iniciarse ou suspenderse, unha vez comezado, o acto de votación, sempre baixo a responsabilidade do presidente da mesa, quen resolverá ó respecto en escrito razoado, enviándoo o mesmo día da votación inmediatamente despois de redactado, á xunta electoral da denominación, para que esta poida comproba-la certeza dos motivos e declare ou esixa as responsabilidades a que houber lugar.

En poder do presidente da mesa quedará copia do escrito.

No caso de suspensión da votación non se terán en conta os votos emitidos, nin se procederá ó seu escrutinio; o presidente ordenará a destrucción das papeletas depositadas na urna, consignando este extremo no escrito ó que se refire o parágrafo anterior.

Artigo 27º

O dereito a votar acreditarase pola inscrición do elector nas listas certificadas do censo e pola demostración da súa identidade mediante DNI, pasaporte

ou permiso de conducir nos que apareza fotografía do titular.

Artigo 28º

1. A votación será persoal e secreta; o presidente anunciará o seu inicio coas palabras «comeza a votación». Os electores acercaranse un a un á mesa manifestando o seu nome e apelidos. Despois de examina-las listas do censo electoral, comprobar que nelas figura o nome do votante, así como a súa identidade, e anotar que se presentou a votar, o elector entregaralle pola súa man ó presidente a papeleta introducida nun sobre da cor correspondente.

2. Os electores que non saiban ler ou que, por defecto físico, estean impedidos para elixi-la papeleta ou colocala dentro do sobre e para entregala ó presidente da mesa, poderán servirse doutra persoa para iso.

Artigo 29º

1. Os electores que prevexan que na data da votación non se van atopar na localidade onde lles corresponde exerce-lo seu dereito de voto, ou que non poidan acudir, poderán emiti-lo seu voto por correo, solicitándollo previamente á xunta electoral da denominación e cumprindo os requisitos seguintes:

-A solicitude poderá presentarse a partir da data de exposición dos censos definitivos e ata o décimo día anterior ó da votación.

-A solicitude deberá formularse persoalmente ante a secretaría da xunta electoral da denominación, que esixirá ó solicitante a exhibición do documento nacional de identidade.

-En supostos de enfermidade ou incapacidade que impidan a formulación persoal da solicitude, esta poderá realizarse por persoa debidamente autorizada polo elector, acreditando aquela a súa identidade e representación mediante documento autenticado ante notario.

2. Recibida a solicitude, a secretaría da xunta electoral da denominación comprobará a inscrición do solicitante no censo, practicará a anotación correspondente nel, a fin de que o día das eleccións non se realice o voto persoalmente, e estenderá certificado conforme o voto se realizou por correo.

3. Dispoñibles as papeletas e os sobres electorais, a xunta electoral da denominación remitiraos ó domicilio do elector, xunto co certificado citado no parágrafo anterior e un sobre no que figure o enderezo da mesa na que lle corresponde votar.

4. Unha vez que o elector elixa a papeleta de voto, introduciraa no sobre de votación. Á súa vez, este sobre xunto co certificado ó que fai referencia o parágrafo 3º introducirase no sobre no que figura o enderezo da mesa, e remitirase por correo certificado á xunta electoral da denominación, quen conservará ata o día da votación toda a correspondencia dirixida ás mesas, dándolles traslado dela ás dez (10) horas da mañá do día da votación (D+76).

Artigo 30º

Ás vinte horas o presidente anunciará o remate da votación e non permitirá a entrada no local a ninguén. Preguntará se algún dos electores presentes non votou aínda, e admitirá os votos dos que se atopen dentro do local. A continuación votarán os interventores e os membros da mesa (primeiro os vocais e finalmente o presidente).

Artigo 31º

Finalizada a votación o presidente da mesa declarará pechada esta e comezará o escrutinio, extraendo as papeletas da urna e lendo en voz alta o nome dos candidatos votados.

O presidente poralle de manifesto cada papeleta, unha vez lida, ós vocais e interventores, e ó final confrontarase o número total de papeletas co de votantes anotados.

Son votos nulos:

a) Os votos emitidos en papeleta ou sobre non oficiais.

b) Os votos en que, por calquera causa, non se puidese determinar inequivocamente a candidatura sinalada, ou que conteñan máis dunha candidatura.

Son votos en branco:

Os sobres que non conteñan ningunha candidatura.

Artigo 32º

Feito o reconto de votos, segundo as operacións anteriores, o presidente preguntará se hai algunha protesta que facer contra o escrutinio. Se non se fixeran, ou despois de resoltas pola maioría da mesa as presentadas, anunciará en voz alta o resultado, especificando o número de votantes, o de votos válidos, o de votos nulos, o de votos en branco e o de votos obtidos por cada candidatura.

As papeletas extraídas das urnas destruiranse en presencia dos asistentes, con excepción daquelas ás que se lles negou a validez ou foron obxecto de reclamación, que serán unidas á acta unha vez rubricadas polos membros da mesa.

Concluídas as operacións, o presidente, os vocais e os interventores da mesa, se os houbese, asinarán a acta da sesión, na que se expresarán detalladamente o número de electores segundo as listas do censo electoral, o dos electores que votaron, o dos votos válidos, o dos votos nulos, o dos votos en branco e o dos votos obtidos por cada candidatura, consignando sumariamente as reclamacións ou protestas formuladas, as resolucións dadas pola mesa e as incidencias, se as houbese, con indicación dos nomes e apelidos dos que as produciron (anexo X, modelo de acta de escrutinio).

Artigo 33º

Acto seguido estenderase certificación dos resultados e fixarase en lugar visible do local no que se realizou a votación. A continuación, a mesa preparará a documentación electoral, que se distribuirá en dous sobres.

O primeiro sobre conterá o expediente electoral, composto polos seguintes documentos:

a) Orixinal da acta de constitución da mesa.

b) Relación de interventores.

c) Lista do censo electoral.

d) Listas numeradas dos votantes e das papeletas ás que se lles negase validez ou que foran obxecto dalgunha reclamación.

e) Acta de escrutinio e certificación dela, se a solicitase quen teña dereito a ela.

O segundo sobre conterá copia da documentación anteriormente citada.

Unha vez pechados os sobres, o presidente, os vocais e os interventores asinaranos por riba dos pregos que os pechan.

Unha vez preparada a correspondente documentación, o presidente, así como os vocais e interventores que o desexen, desprazaranse á sede da xunta electoral da denominación e faranlle entrega do primeiro sobre ó presidente dela. O segundo sobre quedará en poder do funcionario da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria presente no proceso, quen llo entregará á secretaría da referida xunta electoral da denominación.

Capítulo IX

Proclamación de vocais electos, titulares e suplentes, toma de posesión e proposta de presidente e vicepresidente

Artigo 34º

Recibidas as actas de elección de todas e cada unha das mesas electorais, a xunta electoral da denominación procederá á asignación de postos de elección, de acordo cos seguintes criterios:

a) As vocalías titulares e as súas suplencias atribuiranse proporcionalmente ós votos que obtivera cada candidatura, tendo en conta a orde de colocación dos candidatos dentro de cada candidatura.

Respectaranse os condicionantes de composición do consello regulador, tal como se describen no anexo IV, e de atribución de vocalías conforme as regras do artigo 163.1º da LO 5/1985, de réxime electoral xeral.

b) No suposto de empate decidirase por sorteo.

Artigo 35º

A xunta electoral da denominación proclamará, a través do seu presidente, os vocais electos do consello regulador da denominación de orixe Rías Baixas, ós tres días de celebrada a votación (D+76+3).

Contra a proclamación de vocais electos cabe recurso ante a xunta electoral central no prazo de dous días (D+79+2), debendo a dita xunta resolver e proceder á proclamación definitiva de vocais electos no prazo de cinco días (D+81+5).

Seguidamente, no prazo de cinco (D+86+5) días remitiránselle-las oportunas credenciais ós vocais electos.

Artigo 36º

Ó quinto día da proclamación definitiva dos vocais electos (D+86+5), o consello regulador celebrará sesión constitutiva (9-4-2001), na que se cesarán os anteriores vocais e presidente, e tomarán posesión os novos vocais electos. A continuación e na mesma sesión, o consello en pleno, presidido por un funcionario designado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, proporá candidatos tanto para a designación de presidente como de vicepresidente do consello regulador da D.O. Rías Baixas, sen que sexa necesario que teñan a condición de vocal.

Faranse consta-los votos obtidos polos distintos candidatos a presidente e vicepresidente.

No prazo dos quince días seguintes á celebración do pleno, procederase ó nomeamento do novo presidente e vicepresidente da D.O. Rías Baixas.

Disposicións adicionais

Primeira.-Cantas dúbidas xurdan na aplicación da presente norma serán resoltas polas xuntas electo

rais, tendo en conta os principios establecidos na lexislación electoral xeral.

Segunda.-O mandato dos actuais vocais e presidente do consello regulador da denominación de orixe Rías Baixas prorrógase ata que os novos membros elixidos de conformidade co disposto na presente orde, tomen posesión dos seus respectivos cargos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Industrias e Alimentación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria para dictar cantas disposicións considere necesarias en desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día 8 de xaneiro de 2001 (día D).

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

ANEXO I

8-1-2001LuDData do comezo do proceso electoral

11-1-2001XoD+3Presentación de candidatos á xunta electoral central e á xunta electoral da denominación

15-1-2001LuD+3+4Designación dos representantes na xunta electoral central e da denominación

17-1-2001MeD+7+2Presentación de posibles recursos, ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

19-1-2001VeD+9+2Resolución polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria dos recursos presentados fronte á designación de candidatos á xunta electoral central e da denominación

23-1-2001MaD+15Constitución das xuntas electorais central e da denominación

26-1-2001VeD+18Exposición dos censos en:

a) Sede do consello regulador da D.O. Rías Baixas

b) Delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en Pontevedra

c) Casas dos concellos correspondentes da denominación

5-2-2001LuD+18+10Presentación de reclamacións sobre os censos, ante a xunta electoral da denominación

7-2-2001MeD+28+2Resolución das reclamacións sobre os censos, pola xunta electoral da denominación.

9-2-2001VeD+30+2Presentación de recursos sobre os censos, ante a xunta electoral central.

13-2-2001MaD+32+4Resolución dos recursos sobre os censos, pola xunta electoral central.

16-2-2001VeD+39Exposición de censos definitivos (nos mesmos lugares citados anteriormente)

20-2-2001MaD+39+4Presentación de candidatos por parte das cooperativas, sociedades agrarias de transformación, organizacións profesionais agrarias, asociacións profesionais e independentes, segundo os diversos censos, ante a xunta electoral da denominación

23-2-2001VeD+46Proclamación provisional de candidatos, pola xunta electoral da denominación e exposición pública

27-2-2001MaD+46+4Presentación de reclamacións sobre a proclamación de candidatos, ante a xunta electoral da denominación

2-3-2001VeD+50+3Resolución das reclamacións anteriores, pola xunta electoral da denominación

6-3-2001MaD+53+4Presentación de recursos sobre a proclamación de candidatos, ante a xunta electoral central

9-3-2001VeD+57+3Resolución dos recursos anteriores, pola xunta electoral central, e proclamación definitiva dos candidatos

10-3-2001SaD+61Comezo da campaña electoral

13-3-2001MaD+60+4Designación dos compoñentes das mesas electorais e comunicación ós interesados, pola xunta electoral da denominación.

19-3-2001LuD+64+6Alegación de escusas por parte dos designados como compoñentes das mesas electorais en contra da súa designación, ante a xunta electoral da denominación

21-3-2001MeD+70+2Resolución das escusas alegadas, pola xunta electoral da denominación

23-3-2001VeD+74Finalización da campaña electoral

25-3-2001DoD+76Constitución das mesas electorais e votación

28-3-2001MeD+76+3Proclamación de vocais electos

30-3-2001VeD+79+2Presentación de recursos sobre a proclamación de vocais electos, ante a xunta electoral central

4-4-2001MeD+81+5Resolución dos recursos anteriores, pola xunta electoral central e proclamación definitiva de vocais electos.

9-4-2001LuD+86+5Remisión de credenciais, toma de posesión dos vocais electos e proposta de candidatos a presidente e vicepresidente para a D.O. Rías Baixas