Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xaneiro de 2001 pola que se prorrogan corenta e unha bolsas de colaboración nos distintos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

A Orde do 13 de febreiro de 1998 (DOG nº 46, do 9 de marzo), a Orde do 24 de xullo de 1998 (DOG nº 184, do 22 de setembro), a Orde do 23 de setembro de 1998 (DOG nº 200, do 15 de outubro), a Orde do 24 de maio de 1999 (DOG nº 105, do 3 de xuño), a Orde do 24 de novembro de 1999 (DOG nº 231, do 30 de novembro), a Orde do 17 de febreiro de 2000 (DOG nº 41, do 29 de febreiro), a Orde do 27 de outubro de 2000 (DOG nº 217, do novembro) polas que se convocan bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, prevén na súa base terceira e na cuarta para a última orde, a concesión de prórrogas ós bolseiros que presten a súa colaboración nalgún dos proxectos de investigación que se están realizando no centro.

A teor do sinalado na Orde do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expediente do gasto, o gasto que se proxecta está condicionado á existencia do crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos do exercicio do ano 2001, en trámite parlamentario.

Na súa virtude e de acordo co establecido no parágrafo terceiro da base terceira das citadas ordes e na cuarta para a Orde do 27 de outubro de 2000, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concédeselles prórroga para desfrutar da bolsa para a colaboración en proxectos de investigación para desenvolver no Centro Ramón Piñeiro ata o 30 de abril de 2001, ás persoas que se relacionan no anexo I á presente orde; concédeselles prórroga da bolsa ata o 14 de novembro do 2001, ás persoas que se relacionan no anexo II á presente orde; concédeselle prórroga da bolsa ata o 23 de

novembro de 2001, á persoa que se relaciona no anexo III e concédeselles prórroga da bolsa ata o 31 de decembro de 2001, ás persoas que se relacionan no anexo IV á presente orde. Os efectos desta resolución quedan condicionados ata a aprobación do crédito que vaia ampara-lo gasto, de conformidade coa orde anteriormente citada, do 2 de febreiro de 1998.

Segundo.-A contía da bolsa durante o período de prórroga será de 122.000 ptas. mensuais, segundo o establecido na base segunda das citadas ordes e na terceira para a Orde do 27 de outubro de 2000.

Terceiro.-Contra esta disposición, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta disposición. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Nome dos beneficiariosNIF

Roig Sánchez, Blanca Ana36.132.406G
Pazo García, Mª Lourdes33.272.484V
Roca Rodríguez, Mª Elisa76.815.191K
Cabaleiro Carro, Mª Alejandra36.117.119N

Nome dos beneficiariosNIF

Búa Carballo, Juan Carlos35.310.166Z
Vázquez González, Ruth44.448.798X
Pollán Valiña, Mª Celia33.350.003D

ANEXO II

Nome dos beneficiariosNIF

Álvarez González, José Manuel44.805.577J
Seijas Baranauskas, Ana Mª33.295.674T
Louzao Otero, Miguel33.288.640G
Beloso Gómez, Josefa36.084.589G
Regueiro López, Natalia33.329.202V
Valiño Ferrín, Isabel44.080.192W
Ferreiro García, Susana44.811.350J
Varela Pombo, Sonia79.325.750S
Barreiro García, Mª del Carmen33.796.754W
Pérez González, Mª del Carmen32.631.914C

ANEXO III

Nome dos beneficiariosNIF

Martínez Calvo, Mª Liliana33.291.241Y

ANEXO IV

Nome dos beneficiariosNIF

Pérez Barcala, Gerardo36.101.816G
Cordeiro Moledo, Carlos73.240.190W
Novoa García, Mª Carmen35.550.421B
Souto García, Mª Belén33.283.563X
Fernández González, Manuel35.560.158L
Sánchez Moreiras, Miriam36.097.737L
Cerqueiro Landín, Román53.110.609K
Souto Nieves, Mª Xosé33.301.506J
Mosquera Carregal, Xesús M.78.797.744C
Barcala Rodríguez, Francisco Mario52.499.799J
Alvariño Alvariño, Mª del Pilar32.663.720V
Díaz Martínez, Eva Mª32.660.410L
Botana Vilar, Mª Jesús76.358.992G
Montero Feijoo, José O.34.978.018D
López López, Yolanda44.807.246A
Ledo Villaverde, Ana44.808.142W
Rodríguez Álvarez, José A.34.628.448Q
Villar Conde, Elena33.292.217Q
Buján Otero, Patricia76.871.888T
Paz Roca, Mª Carmen33.339.843D
Seijo Pereiro, Lorena46.899.043L
López Fariña, Montserrat52.497.405C
Vilares Ferro, Jesús36.111.593Y