Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 2001 Páx. 224

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 27 de novembro de 2000 pola que se fixa o prezo de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2000.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Guía de Trabajo y Funcionamiento en el Área Quirúrgica: 7.285 pesetas (43,78 euros).

Guía de Traballo e Funcionamento na Área Cirúrxica: 7.285 pesetas (43,78 euros).

Relatorios do Curso de Especialización en Dereito Sanitario: 6.000 pesetas (36,06 euros).