Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 99

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución da primeira fase do parque eólico denominado Monte Redondo. (Expediente 15/1999).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Energías Ambientales, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Bugallal Marchesi 10, 1º eszq., 15008 A Coruña, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Monte Redondo, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 3 de marzo de 2000, Ignacio Aguiriano Ramudo, en nome e representación de Energías Ambientales, S.A., presentou a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Monte Redondo, de 49,5 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléc

trico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 21 de marzo de 2000, publicada no diario El Ideal Gallego do 31 de marzo de 2000, no BOP da Coruña do 7 de abril de 2000, no DOG do 18 de abril de 2000 e no taboleiro de anuncios do Concello de Vimianzo.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Andrés Carballo, en representación da Comunidade de Veciños da Gándara, e titulares dos predios nº 28, 31, 187, 302 e 303, incluídos na relación de afectados polo parque, reivindica tamén a titularidade do predio nº 32, que na relación de propietarios figura a nome de Juan Castro Gándara, presidente da Comunidade de Veciños de Ogas.

2. Salvador Vázquez Gándara, en representación de Balbina Gándara Varela e Mª Pilar Gándara Varela, titulares do predio nº 333, solicita que se lle aclare exactamente a afección o predio das súas representadas.

3. O Concello de Vimianzo, pola súa parte, manifesta:

-Que a normativa urbanística do concello é contraria á instalación do proxecto do parque, ó estar situada nunha zona altamente protexida, tanto polo seu valor paisaxístico, como histórico.

-Que no estudio de impacto ambiental non se analiza o impacto acústico que vai producir nas localidades próximas e que non se achegan medicións reais, así como produce un importantísimo impacto electromagnético e paisaxístico.

Terceiro.-O 18 de agosto de 2000, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Lolización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

Monte RedondoVimianzo491.2504.776.000

492.5004.774.750

494.2504.774.750

494.2504.776.000

495.5004.776.000

495.5004.772.000

493.5004.772.000

492.2504.773.000

492.7504.773.500

491.0004.775.500

Nº aeroxeradores: 66.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Potencia total instalada: 49,5 MW.

Producción anual estimada: 131.423 MWh/ano.

Investimento previsto: 7.425.000.000 de pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-66 aeroxeradores, Mod. Ecotecnia 48/750, de 750 kW de potencia, montados sobre torres metálicas troncocónicas de 55 m de altura e rotores de 3 pas de 48 m de diámetro.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/66 kV.

-Subestación transformadora 20/66 kV para evacuación de enerxía, composta por un transformador principal 20/66 kV de 50 MVA de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección

Cuarto.-O 25 de setembro de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico, reducíndose o número de aeroxeradores de 66 a 63, dado que se considera que os aeroxeradores nº 37, 38 e 39, na súa actual posición non son compatibles coa defensa dos valores ambientais existentes así como os accesos proxectados para este.

Quinto.-O 30 de outubro de 2000, o promotor presentou escrito no que se solicitaba a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da primeira fase do parque eólico de Monte Redondo, para unha potencia de 47,25 MW, á espera da relocalización dos referidos aeroxeradores conforme o esixido na declaración de efectos ambientais, establecida pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, así como a declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto sectorial.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que figura no expediente, queda de manifesto que:

1. Con respecto á alegación presentada por Andrés Carballo, cabe dicir que será no levantamento de actas o momento no que pode demostra-la titularidade do citado predio, en litixio, achegando a documentación acreditativa necesaria.

2. En relación coa alegación presentada por Salvador Vázquez Gándara, cabe manifestar que o pre

dio nº 333 se exclúe da relación dos predios afectados polo parque eólico.

3. Por último e en relación coa alegación presentada polo Concello de Vimianzo, cómpre dicta-lo seguinte:

-As alegacións ó proxecto sectorial serán consideradas no momento de dicta-la resolución correspondente.

-As alegacións ambientais foron tidas en conta na Resolución do 25 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se aprobou a declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 sobre autorización de instalacións eléctricas e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, ó abeiro do establecido nos artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966 e no art. 13 do Decreto 205/1995,

RESOLVE:

Autorizar a Energías Ambientales, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos da primeira fase do parque eólico denominado Monte Redondo, para unha potencia de 47,25 MW, que se siturá no Concello de Vimianzo.

-Aproba-lo proxecto de execución da primeira fase da dita instalación

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Energías Ambientales, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes a contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 148.500.000 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garantir o cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1, alínea 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 7.425.000.000 de pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá

autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Energías Ambientales, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribi-la mesma no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio de 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, de se-lo caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 25 de setembro de 2000, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria