Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da liña subterránea de transporte de enerxía eléctrica L.A.T. a 220 kV A Grela-O Porto, na cidade da Coruña. (Expediente 20/2000).

Examinado o expediente instruído por instancias da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Avda. de Arteixo 171; 15007 A Coruña, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 31 de marzo de 2000, a referida empresa solicita a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da liña de alta tensión 220 kV, dobre circuíto, conductor XLPE, de 4.300 m de lonxitude, con orixe na subestación da Grela e final na futura subestación blindada denominada O Porto, presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que se refiren os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes.

Liña eléctrica subterránea de alta tensión, con orixe na subestación da Grela e final na futura subestación blindada denominada O Porto. Ten unha lonxitude de 4.300 m, en dobre circuíto, a 220 kV, empregándose tres cables unipolares con illamento de polietileno reticulado XLPE 220/127 kV, de 6 (1x1200) mm Al, para una capacidade de transporte de 266 MVA a 698 A, depositados en grabas de 1,5 m de profundidade e 1,40 m de largo.

No seu percorrido tenderase unha liña de comunicacións con cable de fibra óptica tipo PKP de 64 fibras, dentro dun tubo de polietileno e tres tubos para futuras liñas de media tensión.

Segundo.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 16 de febreiro de 2000 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no BOP da Coruña do 13 de marzo e no DOG do 24-3-2000, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso ningunha alegación.

Terceiro.-O proxecto está informado favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de A Coruña e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamen

to no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e la Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto, visado polo Iltre. Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, foi redactado conforme o esixido polos artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus art. 5 e 6 e coas demais disposicións que lle son de aplicación.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que teñen atribuídas os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966,

RESOLVE:

1. Autoriza-la liña subterránea de transporte de enerxía eléctrica L.A.T. a 220 kV A Grela-O Porto, na cidade da Coruña.

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes a partir do día seguinte á da notificación de esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria