Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 98

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/268-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Igrexa.

Situación: Narón.

Descricións técnicas: L.M.T. a 15 kV, de 25 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.A. a C.T. Fraga, conductor R.H.V., e final no C.T. proxectado. Centro de transformación prefabricado, de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V. L.B.T.A. de 80 m de lonxitude con orixe no C.T. proxectado, conductor R.Z., e apoios de formigón. Rede de baixa tensión subterránea.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña