Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 98

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/269-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. avda. de Mahía, 17.

Situación: Ames.

Descricións técnicas: instalar un novo C.T.C., para atende-lo edificio residencial Los Alamos. L.M.T.S. a 20 kV, cunha lonxitude de 0,040 km, con orixe na L.M.T.S. Roxos-Negreira entre os CC.TT. avda. da Mahía, nº 13 (expediente 233/1996) avda. de Mahía, 20 (expediente s/n), conductor tipo R.H.V., e final no novo C.T. avda. Mahía, 17. Centro de transformación non prefabricado envolvente metálica, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V. Concello de Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 22 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña