Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 98

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/1-1). Modificado 2000.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Ponteceso-Malpica e derivadas.

Situación: Ponteceso-Malpica.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas, baixo tubo, e aéreas sobre apoios de formigón a 20 kV: -tramo subterráneo, de 515 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. edifico Ponteceso (expediente 34932) con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al e final no apoio paso subterráneo-aéreo da liña Ponteceso-Badarra. -Tramo aéreo, de 5.035 m de lonxitude, con orixe no apoio paso subterráneo-aéreo mentado antes con conductor LA-110 e final no lugar de Badarra-Cores. -Tramo aéreo, de 745 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 18 da liña antes mentada, con conductor LA-56 e final na liña existente desde CC.TT. Nemeño e Rueiro a Corme. -Tramo subterráneo, de 170 m de lonxitude, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, con orixe no apoio nº 23 da liña Ponteceso-Badarra e final na liña existente que ali

menta o C.T. Campara. -Tramo subterráneo, de 25 m de lonxitude, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, con orixe no apoio nº 26 da liña Ponteceso-Badarra e final na liña existente que alimenta o C.T. Cores. Ponteceso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña