Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 97

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/242-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. estación ferrocarril.

Situación: Curtis.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 100 m de lonxitude, en conductor R.H.V. 12/20 kV 240 mm Al, que parte da L.M.T. existente de C.T. Calvo Sotelo a C.T. Campo da Feira e final no C.T.C. estación de ferrocarril de Teixeiro de 250 kVA. Concello de Curtis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña