Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 97

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/105-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Diez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: retranqueo L.M.T. no Bolo.

Situación: O Bolo.

Descricións técnicas: retranqueo e pase a conducción soterrada nunha lonxitude de 235 m, da liña a 20 kV. Bao-O Bolo, en conductor R.H.Z. 12/20 kV. 3x95 Al, ó seu paso pola proximidade da residencia da 3ª idade.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 17 de novembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense