Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 97

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/269-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38. 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. e C.T. Pazos-Fontela.

Situación: Bueu.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. CAG 805 ata o C.T. que se proxecta en Pazos-Fontela, concello de Bueu. C.T. con dous trafos de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de novembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra