Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 97

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicas diversas adxudicacións de contratos de obras varias no CEIP Couceiro Freijomil e outras.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial acorda, dar publicidade á adxudicación dos contratos das obras que se relacionan:

1. Forma de adxudicación: os contratos que se relacionan a continuación foron adxudicados por poxa aberta, ó amparo do disposto nos artigo 74 e 75 do Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

1.1. Obxecto do contrato: obras varias no CEIP Couceiro Freijomil.

Contratista: Construcciones González Gutiérrez, S.L.

Importe da adxudicación: 19.065.347 pesetas.

Data da adxudicación: 6-11-2000.

1.2. Obxecto do contrato: cuberta pista polideportiva no CEIP O Coto-Negreira.

Contratista: Constructora Cando, S.L.

Importe da adxudicación: 25.264.793 pesetas.

Data da adxudicación: 6-11-2000.

1.3. Obxecto do contrato: rampla de minusválidos e obras varias no CEIP S. Pedro de Visma.

Contratista: I. Bardera, S.L.

Importe da adxudicación: 9.094.114 pesetas.

Data da adxudicación: 6-11-2000.

1.4. Obxecto do contrato: cerramento exterior no IES Agra de Raíces.

Contratista: I. Bardera, S.L.

Importe da adxudicación: 6.916.503 pesetas.

Data da adxudicación: 6-11-2000.

A Coruña, 28 de novembro de 2000.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria da Coruña