Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 96

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se publican as adxudicacións definitivas de varios contratos de obras, por procedemento aberto e concurso público con tramitación urxente: cuberta da pista polideportiva no CEIP A Xunqueira I-Pontevedra e outras.

Para os efectos previstos no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño de 2000, esta delegación acordou publica-las resolucións que a continuación se citan, polas que se adxudicaron os contratos de obras que se indican:

1. Expediente: 00/07/PO0134.

Obra: cuberta da pista polideportiva no CEIP A Xunqueira I de Pontevedra.

Resolución da adxudicación: 13-11-2000.

Contratista: GPD, S.A.

Importe: 22.213.645 pesetas.

2. Expediente: 00/07/PO0135.

Obra: cuberta da pista polideportiva no CEIP A Xunqueira II de Pontevedra.

Resolución da adxudicación: 13-11-2000.

Contratista: Alea, S.A.

Importe: 22.156.313 pesetas.

3. Expediente: 00/07/PO0139.

Obra: ximnasio e vestiarios do IES República Oriental do Uruguai-Vigo.

Resolución da adxudicación: 16-11-2000.

Contratista: Dicsa, S.A.

Importe: 24.915.000 pesetas.

4. Expediente: 00/07/PO0140.

Obra: cubrición da pista polideportiva, reparación de cuberta e rampla de acceso no IES Escolas Proval, Nigrán.

Resolución da adxudicación: 13-11-2000.

Contratista: Abal, S.A.

Importe: 20.274.000 pesetas.

Pontevedra, 24 de novembro de 2000.

P.D. (Dto. 87/1990, do 15 de febreiro)

José Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial de Pontevedra