Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 2001 Páx. 96

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2000, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de impacto ambiental da estrada de enlace N-540, A Ponte Liñares e conexión Muíños. (Clave: OU/98/77.1).

Aprobado provisionalmente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, de data 3 de novembro de 2000, o estudio informativo da estrada de enlace N-540 Ponte Liñares e conexión Muíños. Clave OU/98.77.1, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación desde anuncio no Boletín Oficial del Estado, para o fin de que as persoas que o estimen oportuno, poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Ourense, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas de Ourense e nos concellos de Bande e Muíños.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental do mencionado estudio informativo, durante o prazo de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental

de Galicia, no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia e no Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación do impacto ambiental; estando a exposición ó público para este efecto no Servicio Provincial de Estradas de Ourense, na Dirección Xeral de Obras Públicas e nos concellos de Bande e Muíños.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2000.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas