Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 8

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 22 de novembro de 2000 pola que se fixa o prezo de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2000.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

-Anisaquiosis y Aalergia. Un Estudio Seroepidemiológico en la Comunidad Autónoma Gallega: 2.000 pesetas (12,02 euros).

-Anisaquiose e Alerxia. Un Estudio Seroepidemiolóxico na Comunidade Autónoma Galega: 2.000 pesetas (12,02 euros).