Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 8

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000955/2000, interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 01/0000955/2000, interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG), contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 11 de agosto de 2000, pola que se desestima o recurso de reposición interposto por Xan Carlos Rodríguez Ansia, na condición de secretario da CIG, contra as ordes do 5 de xuño de 2000, polas que se convocan os procesos selectivos para o ingreso nos corpos superior de administración, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno da Xunta de Galicia, grupos A, B, C, D e E, respectivamente.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública