Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 7

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 238/2000, interposto por Pilar Castro García, Antonio Joaquín González Rodríguez, Marta González Warleta, José Eugenio Rey Fernández, María Mercedes Mezo Menéndez e Claudio López Garrido.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 238/2000, interposto por Pilar Castro García, Antonio Joaquín González Rodríguez, Marta González Warleta, José Eugenio Rey Fernández, María Mercedes Mezo Menéndez e Claudio López Garrido, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 14 de setembro de 2000, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de setembro de 2000, polo que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (DOG nº 188, do 27 de setembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública