Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 7

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 293/2000, do 28 de decembro, polo que se nomea a Dositeo Rodríguez Rodríguez xuíz protector da fundación benéfica Manuel Ventura Figueroa.

Vacante o cargo de xuíz protector da fundación benéfica Manuel Ventura Figueroa, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, de acordo coas normas fundacionais da dita institución, e logo de deliberación do Consello da Xunta

de Galicia na súa reunión do día vinteoito de decembro de dous mil,

DISPOÑO:

Nomear a Dositeo Rodríguez Rodríguez xuíz protector da fundación benéfica Manuel Ventura Figueroa.

Santiago de Compostela, vinteoito de decembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Admistración Pública