Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2001 Páx. 5

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde do 30 de xuño de 1992 da Consellería de Economía e Facenda, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación, así como os anexos I e II da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Anualmente, a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia realiza unha serie de modificacións no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, que obriga a revisa-la codificación das tarifas das taxas para efectos da súa xestión.

Cómpre asignar, así mesmo, para a eficacia de xestión das taxas e dos prezos, a codificación de novos servicios. Os procesos de fusións realizados polas distintas entidades financeiras obriga, da mesma maneira, á actualización do anexo correspondente no que se relacionan as referidas entidades.

Por outra banda, diversas normas dictadas ó longo de 2000 inciden directamente en aspectos de taxas e prezos que cómpre revisar.

É o caso da orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, do 11 de maio de 2000, pola que se fixan os prezos de venda das pezas do uniforme dos alumnos da AGS, que creou un novo prezo privado da Comunidade Autónoma de Galicia pola venda das pezas do uniforme que deben leva-los alumnos da Academia Galega de Seguridade, cando sexa necesaria a súa reposición por deterioración ou extravío.

Así mesmo, o Decreto 129/2000, do 19 de maio, polo que se establecen as tarifas dos centros de menores de titularidade propia para os internamentos producidos por solicitude doutras comunidades autónomas ou en caso de garda de menores con especiais dificultades de conducta, creou un novo prezo público como contraprestación ó servicio social da garda de menores.

Estas dúas normas obrigan á creación de novos códigos tanto de prezos como de servicios nas consellerías correspondentes para os efectos da súa recadación.

O parágrafo 2 da disposición adicional da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación, engadido pola orde da Consellería de Economía e Facenda, do 24 de marzo de 1998, pola que se modifican as ordes da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992 e do 29 de xuño de 1994, autoriza a Dirección Xeral de Tributos a actualiza-los anexos V, VI e VII da propia Orde do 30 de xuño de 1992.

Así mesmo, a disposición adicional terceira da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, engadida pola orde da Consellería de Economía e Facenda, do 24 de marzo de 1998, precitada autoriza a Dirección Xeral de Tributos a actualiza-los anexos I e II desta, mediante resolución.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo 2 da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992, e da disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994 referidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Modifica-los códigos dos servicios recollidos no anexo V da Orde do 30 de xuño de 1992, engadindo os que se relacionan a seguir nas súas consellerías correspondentes, inseríndoos no lugar que deban segundo a orde preestablecida:

14. Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

06. Menores.

15. Consellería de Medio Ambiente.

11. Servicio Técnico Xurídico.

Segundo.- Actualiza-lo anexo VI da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, codificando as novas tarifas de taxas vixentes para 2001, inseríndoas no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida e actualizando a redacción de tarifas de taxas xa codificadas, modificadas para 2000, e suprimindo da relación as que procedan. As tarifas novas, as tarifas modificadas e as suprimidas son as seguintes:

30.19.00. Inscrición para a realización de probas extraordinarias de aptitude para a obtención dos certificados profesionais de pesca e mergullo.

30.19.02. Patrón de tráfico interior e radiotelefonista naval restrinxido.

30.19.03. Patrón de 1ª clase de pesca litoral, patrón de pesca de altura, patrón maior de cabotaxe, mecánico naval de 1ª ou 2ª clase, electricista naval de 1ª ou 2ª clase e radiotelefonista naval.

30.19.04. Capitán de pesca, mecánico naval maior, electricista naval maior.

30.19.05. Patrón local de pesca.

30.19.06. Patrón costeiro polivalente.

30.21.02. Suprimida.

30.21.04. Renovación de tarxetas acreditativas das titulacións de patrón de embarcación de recreo.

30.26.00. Emisión de tarxetas correspondentes ós certificados profesionais de pesca e mergullo.

30.30.00. Expedición de diploma de mediador de seguros titulado.

30.31.00. Homologación da formación e cualificación dos mediadores e inscrición no rexistro de mediadores.

30.31.01. Homologación e inscrición no rexistro.

30.31.02. Renovación da homologación.

30.32.00. Emisión de certificacións de execución de obras públicas.

31.07.01. Comprobación sanitaria, loita contra enfermidades das ganderías afectadas e nas campañas de saneamento, cando a prestación deba realizarse por incumprimento da normativa que a regula ou para movemento pecuario fóra do período de revisión obrigatoria, ou por perda da identificación do gando.

31.07.03. Autorizacións e revisións relativas ás actividades recollidas nos artigos 4, 39, 56, 76, 87 e 92 do Real decreto 109/1995, do 27 de xaneiro, sobre os medicamentos veterinarios.

31.07.05. Autorización, vixilancia e revisión de operacións de desinfección.

31.07.06. Autorizacións de delegacións e depósitos de productos xenéticos, centros de recollida de esperma e inseminación artificial e autorizacións de paradas de sementais, e revisión anual das autorizacións e dos animais aloxados en devanditos centros.

31.07.09. Autorización e rexistro de comerciantes de gando e centros de concentración.

31.07.17. Suprimida.

31.07.18. Suprimida.

31.07.24. Autorizacións e revisións de fábricas de penso para a elaboración e comercialización de pensos medicamentosos consonte o Real decreto 157/1995, do 3 de febreiro, e dos centros de dispensación destes.

31.07.25. Autorizacións e/ou rexistros de establecementos intermediarios do sector de alimentación animal na Comunidade Autónoma de Galicia consonte o Decreto 92/1999, do 25 de marzo, que desenvolve o Real decreto 1191/1998, do 12 de xuño.

31.14.01. Autorización previa de instalación ou modificación.

31.14.02. Autorización de funcionamento.

31.14.07. Autorización de funcionamento segundo o disposto no artigo 4.2º da Orde do de 2000, pola que se regula a autorización de centros, servicios e establecementos sanitarios.

31.14.08. Renovación, autorización de funcionamento.

31.17.00. Autorización e/ou acreditación de centros sanitarios extractores e transplantadores de órganos, ou de obtención e implantación de tecidos.

31.19.01. Apertura e clasificación. Cambios de grupo, categoría, titularidade, especialidade, modalidade, ampliacións, modificacións, reformas e calquera outro suxeito a autorización turística de establecementos hoteleiros, extrahoteleiros e turismo rural.

31.19.02. Suprimida.

31.19.03. Apertura e clasificación; cambios de categoría, titularidade; ampliacións, modificacións, reformas e calquera outro suxeito a autorización turística dos campamentos de turismo.

31.19.04. Autorización, concesión dos títulos-licencia, cambios de grupo, titularidade, domicilio e calquera outro suxeito a autorización turística das axencias de viaxes e das sucursais.

31.19.05. Apertura e clasificación, cambios de categoría, titularidade, ampliacións, modificacións, reformas e calquera outro suxeito a autorización turística de restaurantes, cafeterías, cafés, bares e discotecas, salas de festas e empresas de catering e de colectividades.

31.19.06. Expedición da habilitación de guía de turismo especializado de Galicia.

31.19.07. Inscrición para participar nos exames para a habilitación de guía de turismo especializado de Galicia.

31.19.08. Renovación das habilitacións de guía de turismo especializado de Galicia.

31.19.09. Autorización e cambios de titularidade, modificacións e calquera outro suxeito a autorización turística, das empresas relacionadas coa organización de actividades de turismo activo.

32.07.06. Autorización de organismos notificados, laboratorios de ensaio, entidades auditoras e de inspección e laboratorios de calibración industrial.

32.07.15. Autorización de organismos de control autorizados e verificadores ambientais.

32.07.16. Renovación da autorización de utilización de productos.

32.30.00. Suprimida.

32.39.02. Cambio de titularidade, renovación da autorización e inscrición.

Terceiro.-Actualiza-lo anexo VII da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, que queda como segue:

Banco Atlántico.

Banesto.

Banco Etcheverría.

Banco Gallego.

Banco Simeón.

Banco Central Hispano.

Banco Pastor

Banco Popular.

Banco Sabadell.

Banco de Galicia.

Banco Exterior.

Banco B.V.A.

Banco Herrero.

Caixa Catalunya.

Caixa Pontevedra.

Caixa Vigo (e Ourense).

Caixa Galicia.

Caja España.

La Caixa.

C. Rural Lugo.

Cuarto.-Actualiza-lo anexo I da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 29 de xuño de 1994, engadindo o código relacionado a seguir, inseríndoo no lugar que lle corresponda segundo a orde preestablecida.

35.24.00. Garda de menores.

Quinto.-Actualiza-lo anexo II da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 29 de xuño de 1994, engadindo o código relacionado a seguir, inseríndoo no lugar que lle corresponda segundo a orde preestablecida.

36.36.00. Venda de pezas do uniforme dos alumnos da Academia Galega de Seguridade.

Sexto.-Esta resolución producirá efectos desde o día 1 de xaneiro de 2001.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2000.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos