Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/233-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Hidroeléctricas Cortizo, S.A

-Domicilio social: A Matanza s/n, 15917 Padrón.

-Denominación: L.M.T. desde a minicentral Segade a sub. Tibo.

-Situación: Caldas de Reis.

-Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV con conductor tipo R.H.V., desde a minicentral Segade, no río Umia, ata a subestación de Tibo no Concello de Caldas de Reis, de 3.665 m de lonxitude total, deles 15 m dentro da central, 2.125 m ó longo de camiños e pistas, 1.294 m pola estrada N-550, 19 m cruzando a estrada citada para entrar na subestación, e 212 m dentro da subestación de Tibo, propiedade de Unión Fenosa, S.A.

Realizada a información pública no BOP do 25-10-2000 e no DOG do 24-10-2000 presentáronse alegacións, que trasladadas á empresa Hidroeléctricas Cortizo, S.A. foron contestadas individualmente.

Alegacións.

Veciños de Caldas de Reis representados por Luis Boga Fernández ( e 23 máis) alegaron o seguinte:

Primeira.-Que o expediente se está a tramitar polo procedemento de expropiación urxente.

Segunda.-Que na información pública se fai referencia á orixe da liña de media tensión, en diante L.M.T., como minicentral de Segade, cando na autorización dela se lle denomina central de Segade.

Terceira.-Que o expediente é nulo de pleno dereito xa que as tramitacións das centrais e das minicentrais é distinta polo que se prescindiu absolutamente do procedemento.

Cuarta.-Que o expediente é nulo de pleno dereito por non respecta-las directivas sobre ambiente xa que o estudio de efectos ambientais non recolle certas especies.

Quinta.-Que non poden ser expropiados dereitos nin impoñerse servidumes por ser para un interese particular.

Sexta.-Que se infrinxe a Lei de augas xa que a L.M.T. invade a zona de servidume do río.

Sétima.-Que non procede a autorización da L.M.T. por estar recorrida a resolución da Consellería de Industria e Comercio do 7-9-2000 que autoriza as instalacións electromecánicas da central.

Respecto ás alegacións citadas e seguindo a mesma orde esta delegación estima que,

Primeira.-O expediente en tramitación só o é para autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, de acordo co Decreto 2617/1966 do 20-10-1966, polo tanto non inclúe declaración de utilidade pública nin expropiación.

Segunda.-O termo mincentral refírese a centrais hidroeléctricas de pequena potencia, pero que son igualmente centrais. O propio encabezamento das alegacións identifica minicentral e central.

Terceira.-O procedemento de autorización dunha L.M.T. é o único e independente da central, Decreto 2617/1966 do 20-10-1966.

Cuarta.-A L.M.T. non está suxeita a declaración de efectos ambientais e non afecta á fauna do leito do río.

Quinta.-Como xa se dixo no punto primeiro, non se está a tramitar expropiación ningunha, e polo tanto non se impón servidume.

Sexta.-Que por iso na tramitación se solicita o informe e condicionado da comisaría de augas de acordo co Decreto 2617/1966, art. 13.

Sétima.-Un recurso, de acordo coa Lei 30/1992, art. 111, non suspende a execución da resolución, agás que sexa solicitado e resolto favorablemente.

Manuel Ferreirós Crespo, José Luis Boga Fernández, Manuel G. Fernández, Aurelio José Rey F., Josefe G. Fernández, Aida Blanco Pérez, Clemente Suárez Barreira, Amalia Vidal González, Pablo Sanmartín Biezobas, Carmelo Goldar Buceta, Celso Pérez Couto, María Domínguez Lourido, Santiago González Mirás, Francisco Domínguez Rodríguez, e Carlos González Castro presentan as seguintes alegacións:

Primeira.-Que aparece a denominación minicentral na publicación cando deberá cualificarse como central.

Segunda.-Que as centrais e minicentrais están suxeitas a tramitacións distintas.

Terceira.-Que no expediente existen irregularidades xa sexan ambientais ou de ocupación de terras.

Cuarta.-Que a actividade dunha central hidroeléctrica pode cualificarse como molesta, insalubre, nociva e perigosa.

Quinta.-Que o establecemento da L.M.T. supón unha servidume que hipotecará outros servicios da comunidade.

Sexta.-Que estando pèndentes de resolución xudicial as obras da central non debe autorizarse a L.M.T.

Sétima.-Que ó beneficiar a un particular se prexudican os intereses dos veciños.

Contestando a estas alegacións e seguindo a mesma orde, esta delegación estima que,

Primeira.-O termo minicentral refírese a centrais hidroeléctricas de pequena potencia, pero que son igualmente centrais. O propio encabezamento das alegacións identifica minicentral e central.

Segunda.-O procedemento de autorización dunha L.M.T. é o único e independente da central, Decreto 2617/1966 do 20-10-1966.

Terceira.-A L.M.T. non está suxeita a declaración de efectos ambientais nin ten relación coa ocupación de terras para a central.

Cuarta.-A autorización da delegación de Industria e Comercio é independente de calquera licencia que deba concede-lo concello e ademais no seu trámite, art.9 do Decreto 2617/1966 do 20-10-1966, cóntase co informe favorable do dito concello.

Quinta.-Certamente supón unha servidume que afecta a un camiño público e non a propiedades particulares polo que corresponde ó titular de dito camiño decidir sobre a súa constitución e a posible afección a futuras instalacións.

Sexta.-Un recurso, de acordo coa Lei 30/1992, art. 111, non suspende a execución da resolución, salvo que sexa solicitado e resolto favorablemente.

Sétima.-Contestada no anterior punto quinto.

O Bloque Nacionalista Galego de Caldas de Reis e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, presentan as seguintes alegacións:

Primeira.-1. Que o proxecto responde a interese privado polo que carece de utilidade pública, e polo tanto o establecemento de servidume non pode estar suxeito a un proceso expropiatorio.

2. Que se anulou a urxente expropiación e a suspensión das obras do encoro polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ordenou a devolución das terras ocupadas, polo que a L.M.T. carece de sentido.

Segunda.-Ocupación do dominio público municipal, o que está suxeito a licencia.

Terceira.-Ocupación do dominio público estatal e en concreto de estradas.

Cuarta.-Afección de solo de protección de acordo coa Lei 29 de 1985, de augas.

Quinta.-Incompetencia da delegación de Industria para a autorización dunha liña de transporte, por ser competencia da Administración central.

Sexta.-Nulidade do procedemento de tramitación de autorización das centrais.

Séptima.-A declaración de impacto ambiental debe facerse incluíndo a L.M.T.

Respecto ás alegacións presentadas polo BNG e Adega esta delegación seguindo a mesma orde, estima que,

Primeira.-1. Non se entra no tema de utilidade pública e posible expropiación xa que o que se está a tramitar é só a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, de acordo co decreto 2617/1966 do 20-10-1966.

2. A dirección xeral de Industria autorizou mediante Resolución do 7-9-2000 as instalacións electro

mecánicas da central e, polo tanto, a L.M.T. é necesaria para a saída da enerxía producida.

Segunda.-A licencia, concesión, etc, para o uso ou servidume o dominio público municipal non é competencia da Consellería de Industria e Comercio. Existe informe favorable da Comisión de Goberno do 13-11-2000.

Terceira.-A autorización de conduccións eléctricas enterradas na marxe de estradas nacionais, corresponde á Administración central. No expediente, de acordo con Decreto 2617/1966, consta a autorización do Ministerio de Fomento-Dirección Xeral de Estradas.

Cuarta.-A competencia corresponde a Augas de Galicia que emite informe favorable o 13-12-2000.

Quinta.-A liña non é de transporte, xa que é de 20 kV, o cal, de acordo co Decreto 3151/1968 que aproba o Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión clasifícaa como de terceira categoría.

Igualmente a Lei 54/1997, do sector eléctrico, no art. 21.7º indica que a actividade de producción inclúe, se é o caso, a conexión coa rede de transporte ou de distribución, diferenciando claramente ámbalas dúas cousas. Neste caso a L.M.T. non se une á rede de transporte senón só á distribución na subestación de Tibo. Por iso, de acordo coa Lei 54/1997 e o Decreto 2617/1966 a competencia é das delegacións de Industria e Comercio.

Sexta.-A alegación non corresponde á L.M.T. senón á central, e xa se contestou no punto primeiro. 2.

Sétima.-A autorización dunha L.M.T non está suxeita á declaración de impacto ambiental.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 99/1998 polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio e a Lei 30/1992, de régimen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 18 de decembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra