Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/274-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: avda. Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. edificio Robles 1, esq. r/ Fdez. Mora e r/ Da Braña.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 120 m de lonxitude, con conductor tipo 95 mm Al, desde o C.T. da urbanización Perillana 1 ata o C.T. que se proxecta no edificio Robles 1, situado na rúa Fernández de la Mora esquina rúa Da Braña, no concello de Ponteareas. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 16 de novembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra