Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/273-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: avda. Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. urbanización Perillana 1, na r/ Fdez de la Mora.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 180 m de lonxitude, con conductor tipo 95 mm Al, desde o C.T. do edificio Siglo XXI ata o C.T. que se proxecta na urbanización Perillana 1, na rúa Fernández de la Mora, no concello de Ponteareas. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 16 de novembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra