Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2000 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, por delegación de atribucións segundo a Orde do 15 de decembro de 1997, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Catalogación e traslado a formato MARC de rexistros procedentes da biblioteca nodal de Lugo ó C.S.B.G.

Adxudicatario: Norconsult, S.A.

Orzamento de adxudicación: 4.000.000 de pesetas.

-Reconversión, recatalogación e traslado a formato MARC de rexistros con destino o C.S.B.G. da biblioteca nodal de Ourense.

Adxudicatario: Norconsult, S.A.

Orzamento de adxudicación: 4.000.000 de pesetas.

-Dixitalización de exemplares impresos de La Región conservación na biblioteca nodal de Ourense.

Adxudicatario: Fujitsu ICL España, S.A.

Orzamento de adxudicación: 6.000.000 de pesetas.

-Catalogación en formato MARC e introducción na base de datos do C.S.B.G. de rexistros para o catalogo colectivo do patrimonio.

Adxudicatario: Norconsult, S.A.

Orzamento de adxudicación: 4.500.000 pesetas.

-Catalogación de prensa periódica e de impresos en formato MARC, e dixitalización e posterior introducción dos rexistros na base de datos do C.S.B.G.

Adxudicatario: Xesdoc, S.L.

Orzamento de adxudicación: 3.400.000 pesetas.

-Amoblamento da biblioteca pública municipal de Caranza-Ferrol e axencias de lectura de San Sadurniño (A Coruña).

Adxudicario: Esquitino Martínez, S.A.

Orzamento de adxudicación: 1.899.397 pesetas.

-Proxecto básico e de execución de restauración da igrexa de Santa María de Sobrado dos Monxes (A Coruña).

Adxudicatario: Antonio Varela Villamor, S.L.

Orzamento de adxudicación: 34.387.500 pesetas.

-Instalación malla espacial para escavación arqueolóxica e obras complementarias campamento Cidadela-Sobrado dos Monxes (A Coruña).

Adxudicatario: Neor, S.A.

Orzamento de adxudicación: 34.119.833 pesetas.

-Proxecto básico e de execución de adecuación do espacio interior da escaleira principal e dependencias anexas do colexio Cardeal-Monforte de Lemos (Lugo).

Adxudicatario: Resconsa, S.A.

Orzamento de adxudicación: 14.908.811 pesetas.

-Restauración da cuberta de Santa María do Campo en Viveiro (Lugo).

Deserto.

-Proxecto básico e de execución de rehabilitación das cubertas da igrexa do mosteiro de Santa María de Oseira e San Cristovo de Cea (Ourense).

Adxudicatario: UTE Paraño+Mascareñas.

Orzamento de adxudicación: 37.582.994 pesetas.

-Restauración da igrexa de Sta. María de Lamas-Boqueixón (A Coruña).

Adxudicatario: Neor, S.A.

Orzamento de adxudicación: 6.031.374 pesetas.

-Restauración da Torre de Fonseca-1ª fase-Santiago de Compostela (A Coruña).

Deserto.

-Rehabilitación e acondicionamento do edificio biblioteca e exposicións na illa de San Antonio-Redondela (Pontevedra).

Adxudicatario: UTE Indeza+Varela Villamor, S.L.

Orzamento de adxudicación: 94.980.471 pesetas.

-Rehabilitación do pazo de Tor en Monforte de Lemos (Lugo) 1ª fase.

Adxudicatario: Resconsa, S.A.

Orzamento de adxudicación: 84.452.167 pesetas.

-Rehabilitación da igrexa do mosteiro de Santa María de Armenteira en Meis (Pontevedra).

Adxudicatario: Neor, S.A.

Orzamento de adxudicación: 23.375.000 pesetas.

-Reparación das cubertas do mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanñedo (Ourense).

Adxudicatario: Neor, S.A.

Orzamento de adxudicación: 18.677.656 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería

de Cultura, Comunicación Social e Turismo