Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.127

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (99/2000).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño:

Que no xuízo de faltas 99/2000 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia.-En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia nº 99/2000, no que actuaron como partes, como denunciante, Eduardo José Foira Díaz e, como denunciados, Fernando J. Barcia Varela e Susana Mouriño Mougán.

Non foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo a Fernando J. Barcia Varela e Susana Mouriño Mougán da falta que se lles imputaba, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial, no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal nas que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas ou garantías procesuais que causasen a indefensión do recorrente, en termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse terse pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o

recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das probas propostas que lle foran indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lles sirva de notificación de sentencia a Fernando J. Barcia Varela e Susana Mouriño Mougán, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintenove de novembro de dous mil.

O secretario

Rubricado