Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.127

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (342/1999).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ribeira, certifico que nos autos que máis adiante se dirán recaeu sentencia, que no seu encabezamento e decisión di:

Sentencia. En Ribeira, 30 de novembro de 2000.

Vistos por min, Sonia Mª Cartamil Obelleiro, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta localidade, os presentes autos de xuízo de faltas nº 342/1999, seguidos ante este xulgado por presunta falta de lesións, contra Ver_PDF, no que foi denunciante Mª Dolores García Castro, asistida polo letrado Sr. Argibay e no que interveu o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo a Ver_PDF dos feitos que se lle imputaban, declarando de oficio as custas do xuízo. Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágase saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no termo de cinco días desde a súa notificación, mediante escrito que deberá presentarse neste xulgado e no que, redactado de acordo co disposto no artigo 795 da Lei de axuizamento criminal, se exporán as alegacións nas que se basee a impugnación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Ver_PDF, expido e asino este edicto.

Ribeira, 1 de decembro de 2000.

O secretario

Rubricado