Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.126

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (188/2000-P).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

un de Carballo, dou fe e certifico que no xuízo de faltas nº 188/2000, seguido ante este xulgado por ameazas, no que foi denunciante Raysa Majia Inricci e denunciada Pilar Souto Cancela, recaeu sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Carballo, 25 de setembro de 2000.

Mercedes Quiroga Rúa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de faltas nº 188/2000, sobre ameazas, que tivo lugar sen intervención do Ministerio Fiscal, en representación pública, no que foi denunciante Raysa Majia Inricci, maior de idade, veciña de Malpica de Bergantiños, rúa Seaia, nº 66, e denunciada, Pilar Souto Cancela, maior de idade, veciña do Couto-Cospindo nº 30, Ponteceso.

Debo absolver e absolvo a Pilar Souto Cancela da presunta falta a que se refiren estes autos, declarando as custas de oficio.

Esta sentencia non é firme e contra ela poderá interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación, por medio de escrito motivado.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación literal ós autos, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela poderán interpor, perante este xulgado, recurso de apelación no prazo de cinco días mediante escrito motivado.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación nas actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Raysa Majia Inricci, que se atopa en paradoiro descoñecido, e

para a súa publicación no BOP, expido e asino esta cédula en Carballo o vintenove de novembro de dous mil.

O secretario

Rubricado