Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.126

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2000, dos tribunais números 1 e 2 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado por Orde do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 13 de xuño), polo que se anulan preguntas do exercicio tipo test.

En sesión ordinaria celebrada no día 20 de decembro de 2000, os tribunais números 1 e 2 adoptaron o seguinte acordo:

Detectados erros nas preguntas nº 121 e 170 correspondentes ó exercicio tipo test da quenda de acceso libre, e na pregunta nº 18 do mesmo exercicio tipo test da quenda de promoción interna, que poderían condicionar de maneira importante a contestación daquelas, e para garantir que na citada proba debe permitirse, en todo caso, que se poñan de manifesto as condicións do coñecemento e aptitude dos aspirantes, como esixe a normativa vixente, os ditos tribunais acordan declarar nulas e ter como non postas as preguntas anteriormente indicadas.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa SolerJavier Suárez García

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2