Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.128

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (277/1999).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 277/1999 se dictou cédula de citación, cun teor literal que é como segue:

Cédula de citación.-O maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela acordou citar a Beatriz Eugenia Rey Blanco, co fin de que o vindeiro día 9 de xaneiro de 2001, ás 13.45 horas, asista na sala de vistas nº 3 deste xulgado, sita no primeiro piso do edificio dos xulgados, polígono das Fontiñas, rúa Viena, ó xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de danos (625), en calidade de denunciada.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistida de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíboa de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa e recaer sobre ela o prexuízo ó que houber lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivese, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e lle sirva de citación a Beatriz Eugenia Rey Blanco, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co rogo de que lle remita a este xulgado un exemplar do número en que apareza publicada, expido esta cédula en Santiago de Compostela, o vintesete de novembro de dous mil.

O secretario

Rubricado