Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Venres, 29 de decembro de 2000 Páx. 17.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2000, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o proxecto de trazado e o estudio de impacto ambiental da vía rápida de Ares e Mugardos. (Clave AC/00/33.1).

Aprobado provisionalmente por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería

de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con data do 24 de novembro de 2000, o proxecto de trazado da vía rápida de Ares e Mugardos. Clave: AC/00/33.1, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, co fin de que as persoas que o estimen oportuno poidan formular por escrito, ante o Servicio Provincial de Estradas da Coruña, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado proxecto de trazado se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas da Coruña e nos concellos de Fene, Mugardos e Ares.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no proxecto de trazado durante o prazo de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia e no Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación do impacto ambiental; estará a exposición ó público para este efecto no Servicio Provincial de Estradas da Coruña, na Dirección Xeral de Obras Públicas e nos concellos de Fene, Mugardos e Ares.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2000.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas