Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 17.011

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (78/2000).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de faltas nº 78/2000, por desobediencia, no que recaeu sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2000.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os autos de xuízo verbal de faltas número 78/2000, seguidos neste xulgado sobre desobediencia, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, a denunciante María Mónica Mera López e o denunciado, José Manuel Sixto Iglesias.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a José Manuel Sixto Iglesias da falta de desobediencia leve á autoridade pola que foi denunciado.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Manuel Sixto Iglesias, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula en Santiago de Compostela, o vinteoito de novembro de dous mil.

A secretaria xudicial

Rubricado