Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 17.012

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (109/2000).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de faltas nº 109/2000, por lesións, no que recaeu sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela o 28 de setembro de 2000.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os autos de xuízo verbal de faltas nº 109/2000, seguidos neste xulgado sobre lesións, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, o denunciante José Luis Castro Gómez e o denunciado, Francisco Javier Botana Bello.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Francisco Javier Botana Bello da falta de lesións pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a José Luis Castro Gómez, actualmente en paradoiro descoñecido expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vinteoito de novembro de dous mil.

A secretaria xudicial

Rubricado