Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 17.011

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (53/1996).

Eu, Ana María Brañas Casas, xuíza de Primeira Instancia número un de Arzúa, fago saber que no dito xulgado e co nº 53/1996 se tramita procedemento de xuízo executivo por instancia de Mercantil Santiago, S.A., contra José-Luis Aller Caneda, no que por resolución desta data se acordou sacar a poxa pública, por primeira vez e termo de vinte días, os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado o día vinteseis de xaneiro de dous mil un, ás 11 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán licitacións que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.

Segundo.-Que os licitadores, para tomar parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no BBVA, axencia urbana, r/ Ramón Franco s/n, de Arzúa, nº 1510/0000/17/0053/1996, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo nº e o ano do procedemento; sen este requisito non serán admitidos; non se aceptará entrega de cartos en metálico ou cheques.

Terceiro.-Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de lles cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa realización, poderán facerse licitacións por escrito en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Os autos e a certificación rexistral que suple os títulos de propiedade estarán de manifesto na secretaría do xulgado onde poderán ser examinados, entendéndose que todo licitador acepta como bas

tante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, quedarán subsistentes sen se destinar á súa extinción o prezo do remate, e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade destas.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a realización dunha segunda o día dous de marzo de dous mil un, ás 11 horas, servindo o tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa e sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a realización dunha terceira o día trinta de marzo de dous mil un, ás 11 horas, que se realizará sen suxeición, debendo consignar, quen desexe tomar parte nela, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese ter lugar a poxa no día e hora sinalados, entenderase que terá lugar o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens que se sacan á poxa e o seu valor.

1. Parcela nº 197 do Plan Xeral de Concentración Parcelaria da zona de San Mamede-San Breixo de Ferreiros, no lugar de Agra das Leiras, concello do Pino; parcela con acceso desde a estrada Santiago de Compostela-Lugo e moi próxima ó Camiño de Santiago, parcela sensiblemente horizontal e con forma de ele. Posúe unha superficie de 4.202 m. No predio introdúcese unha conducción subterránea de auga a favor dun dos seus lindes. Linda: norte: María del Carmen Duro Balado (199); sur: estrada N-547 Santiago de Compostela-Lugo e J. Luis Aller Caneda (198); leste: Manuel Camino Aldariz (196) e oeste: J. Luis Aller Caneda (198)-María del Carmen Duro Balado (199). Valor dado á parcela: 3.361.300 pesetas.

Dado en Arzúa o 24 de novembro de 2000.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado