De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 3 de febreiro de 2000 (BOE do 4 de marzo), para a provisión da praza número 00/007 de profesor titular de uni
versidade da área de coñecemento de química analítica, departamento de Química Analítica desta universidade, a favor de María Esther Vázquez Blanco, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, de 26 de setembro.
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 de la Ley 11/1983, de 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Esther Vázquez Blanco, profesora titular de universidade da área de coñecemento de química analítica do departamento de Química Analítica desta universidade.
A Coruña, 4 de decembro de 2000.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña