Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 17.010

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A), lista B, de conformidade coas resolucións do 7 e 23 de xuño e 27 de outubro de 2000.

Publicadas as resolucións do 7 e do 23 de xuño e 27 de outubro de 2000 relativas á publicación das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril correspondentes ó corpo superior da Xunta de Galicia (grupo A); lista B e unha vez rematados os prazos previstos nas ditas resolucións, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios na correspondente sesión, unha vez elevada a oportuna proposta esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros materiais constatados, as relacións de solici

tantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), lista B. De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 1 de marzo de 2000; a comisión permanente establece o número máximo de aspirantes admitidos para este corpo naqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 0,750 puntos. As ditas listas están expostas da forma que a seguir se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Anexo III: figuran os solicitantes que, en aplicación do previsto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 1 de marzo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, non están admitidos.

Segundo.-Os citados anexos atoparanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Terrritorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública