Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 28 de decembro de 2000 Páx. 17.010

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 1 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, regulados no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 037 (titulado medio de formación ocupacional) do grupo II (lista B), de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999.

Advertido erro na dita resolución, publicada no DOG nº 243, do 18 de decembro de 2000, cómpre proceder á súa corrección:

Na páxina 16.612, punto primeiro, onde di: «... a comisión permanente establece o número máximo de aspirantes admitidos para esta categoría naqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 2 puntos», debe dicir: «... a comisión permanente establece o número máximo de aspirantes admitidos naqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 2,500 puntos».