Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se impón unha multa coercitiva. (Expediente D.P. 34/1990 e D.P. 55/1993).

Vistos os expedientes D.P. 34/1990 e D.P. 55/1993 seguidos a José Antonio Vázquez López, con enderezo na estrada Vella de Santiago, nº 83-1º da cidade de Lugo, sobre infracción ó réxime legal das vivendas de protección oficial, resulta:

Primeiro.-Mediante resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, do 17 de febreiro de 2000, conformando parcialmente a resolución do delegado provincial do IGVS do 11 de novembro de 1997 impúxoselle a vostede, como promotor da construcción de 12 vivendas de protección oficial, locais e garaxes non vinculados na Avda. das Américas, nº 86 de Lugo (expte. 27-1-0041/88), a relación no prazo de 15 días das obras e reparacións necesarias no inmoble antes citado, para emenda-las seguintes deficiencias:

1. Que as seis prazas de garaxe a que obrigan as ordenanzas municipais e que están situadas na planta sótano, se axusten á ordenanza 34 das vivendas de protección oficial.

2. Que a zona de paso de vehículos da rampla, así como a altura dela se axuste á ordenanza 34 das vivendas de protección oficial.

3. Que se emenden as filtracións de auga nos garaxes, así como as fugas nas baixantes do garaxe.

Segundo.-Mediante apercibimento de data 1 de agosto de 2000, notificado o 11 de agosto de 2000, requírese novamente o interesado para que proceda

ó cumprimento da resolución, toda vez que esta foi firme e executiva por desestimárense os recursos interpostos.

Terceiro.-Que transcorreu o prazo sinalado no apercibimento previo á execución forzosa polo sistema de multas coercitivas sen que se acreditase a realización dos actos de realización de obras e reparacións necesarias a que vén obrigado pola resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia do 17 de febreiro de 2000, que confirma parcialmente a resolución do delegado provincial do IGVS do 11 de novembro de 1997.

Vistos os antecedentes mencionados, a lexislación substantiva aplicable, o art. 99 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o art. 13 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, o Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras (DOG nº 109, do 9 de xuño) e as demais normas de xeral e pertinente aplicación

RESOLVO:

Primeiro.-Sancionar cunha primeira multa coercitiva de 50.000 ptas., a José Antonio Vázquez López, como consecuencia de incumpri-lo ordenado na Resolución do 17 de febreiro de 2000 do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia do 17 de febreiro de 2000, confirmando parcialmente a resolución do delegado provincial do IGVS do 11 de novembro de 1997, e isto en aplicación do artigo 13 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda (BOE nº 66, do 18 de marzo de 1997).

Segundo.-A esta multa coercitiva seguirán outras, coa periodicidade de 15 días, e na contía que en cada unha delas se determine, ata que se acredite documentalmente diante deste órgano o inicio das obras e reparacións necesarias para emenda-las deficiencias. Continuarán impoñéndose multas coercitivas cando as obras comezadas co dito fin se demoren máis dun mes.

Terceiro.-Notifíqueselle a presente resolución ó interesado coa indicación de que contra ela pode interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes, diante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co establecido no artigo 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 13 de outubro de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo