Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2000 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 29 de xaneiro de 1996, outorgar, por resolucións que poñen fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

Resolución: 16-11-2000.

Obxecto: instalación dunha nave-almacén para area de mina no peirao de Mirasol.

Porto: Ribadeo.

Adxudicatario: Basazuri, S.L.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 16-11-2000.

Obxecto: construcción de dous edificios para local social e galpóns.

Porto: San Pedro de Visma.

Adxudicatario: Club Marítimo O Portiño.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 16-11-2000.

Obxecto: construcción dunha estación depuradora e centro de expedición de moluscos.

Porto: Tragove (Cambados).

Adxudicatario: Mariscos Veiro, S.L.

Prazo: 30 anos.

Resolución: 27-11-2000.

Obxecto: construcción de centro social do mar e mercado de abastos.

Porto: Bueu.

Adxudicatario: Concello de Bueu.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 30-11-2000.

Obxecto: construcción e explotación dunha instalación de subministración de combustible a embarcacións.

Porto: Portocubelo.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores de Lira.

Prazo: 15 anos.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante, á elección do interesado, o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente na circunscrición onde teña

aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2000.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia