Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 17 de novembro de 2000 pola que se lle notifica a Manuel Mata Martín a resolución pola que se acorda a resolución de paralización e arquivo do expediente C 136CD63, conta 8012 de desafiuzamento do local comercial.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no local comercial do interesado, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Manuel Mata Martín, a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 10 de outubro de 2000, pola que se acorda a resolución de paralización e arquivo relativa ó local comercial do que é adxudicatario, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.

Contra a citada resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes a contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Expediente de paralización e arquivo resolución

Visto o expediente de resolución do contrato por falta de pagamento relativo ó local comercial do expediente C 136CD63, conta 8012, adxudicado a Manuel Mata Martín, e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes de feito.

1. Con data do 10 de febreiro de 2000 foi resolto o contrato por falta de pagamento relativo ó local comercial do expediente C 136CD63, conta 8012, situada na rúa As Rosas, local nº 7, 3 Barrio das Flores, na Coruña, que lle fora adxudicado a Manuel Mata Martín, en virtude de contrato de compravenda subscrito co Instituto Nacional da Vivienda.

2. Intentada a notificación da resolución do contrato no domicilio do interesado sen que se puidese practicar, con data do 19 de maio de 2000 publicouse no DOG a dita resolución e con data do 15 de xuño de 2000 publicouse unha corrección de erros da citada resolución.

3. Con data do 6 de outubro de 2000 a empresa recadadora Hnos. Alonso Garrán, S.L. certifica que Manuel Mata Martín ingresou os recibos correspondentes ós meses desde xaneiro/93 a decembro/94 e de xullo/95 a setembro/2000, por un importe total de 128.535 pesetas e 12.854 pesetas correspondentes o 10% de recarga sobre os recibos anteriores,

quedando ó día no pagamento ata o mes de setembro de 2000.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución deste presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

2. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 1124 e 1504 do Código civil, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, así como a doutrina xurisprudencial na materia contida na STS de 21 de xuño de 1996, STS do 7 de xuño de 1991 e 4 de maio de 1992, STS do 29 de setembro de 1997, entre outras.

Vistos os preceptos legais e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

Acorda-la paralización e o arquivo do expediente de desafiuzamento tramitado contra Manuel Mata Martín.

Notifíqueselle-la presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan. José Antonio Redondo López. Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo».

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo