Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de novembro de 2000 pola que se lle notifica a Roque Eiras García a resolución pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato da súa vivenda (expediente PO 83520, conta 49).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado (rúa Torrecedeira, nº 74-2º H en Vigo), sen que se puidese practicar, notifícaselle a Roque Eiras García a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 18 de outubro de 2000, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato relativo á vivenda de protección oficial da que é adxudicatario, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.

Contra a citada resolución que non é definitiva na vía administrativa cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente notificación, con

forme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992 modificada por Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro de dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo.

Resolución.

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Roque Eiras García, beneficiario da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa Torrecedeira, nº 74-2º H de Vigo (Pontevedra), correspondente ó:

Expediente: PO-83/520, conta 49, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes feitos:

1. A entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia emite certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 513.440 pesetas, a data 2 de maio de 2000.

2. Con data 20 de xuño de 2000 envíase requirimento de pagamento ó interesado para que no prazo de dez días efectúe o pagamento das cantidades debidas a esa data, o dito requirimento non puido ser notificado persoalmente o interesado, polo que se publicou no DOG de data 11 de agosto de 2000 e así mesmo publicado no taboleiro oficial de edictos do Concello de Vigo, conforme o establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

3. A data 25 de setembro de 2000, a débeda ascende a 501.800 pesetas, por falta de pagamento dos recibos seguintes: de xullo/88 a agosto/2000.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, de estructura orgánica deste organismo, modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e artig 8.5º da

Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que levará a cabo o funcionario do Instituto Galego da Vivenda e Solo que se designe e o representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da administración, incorporada ó expediente e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado, que de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación, e achegando xustificante de atoparse ó corrente coa comunidade de propietarios.

2. A resolución en firme do contrato comportará a prohibición para contratar coa administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

Notifíqueselle-la presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan.

En Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2000. José Antonio Redondo López, Director xeral do IGVS».

En Santiago de Compostela o 20 de novembro de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo