Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.882

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo regulador das condicións de traballo dos funcionarios ó servicio do Concello de Cee.

Visto o texto do acordo regulador das condicións de traballo dos funcionarios ó servicio do Concello de Cee, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-10-2000, subscrito pola representación do concello e polo delegado de persoal o día 22-3-2000 e aprobado polo Pleno do Concello en sesión ordinaria celebrado o día 31-3-2000, de conformidade

co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, sobre órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación de persoal ó servicio das administracións públicas, segundo a redacción dada pola Lei 7/1990, do 19 de xullo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de novembro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

Acordo regulador das condicións de traballos

dos funcionarios ó servicio do Concello de Cee

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º

As partes que concertan este acordo son o Concello de Cee e o seu persoal funcionario, representado pola organización sindical Unión Xeral de Traballadores, constituídos en mesa xeral de negociación ó abeiro do establecido na Lei 9/1987, do 12 de xuño.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

As normas contidas no presente acordo serán de aplicación ó persoal funcionario de carreira e interino que presta servicios no Concello de Cee.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O propio da corporación municipal.

Artigo 4º.-Ámbito territorial.

O propio da súa demarcación territorial e ó que puidese estenderse en comisión de servicios.

Artigo 5º.-Ámbito temporal, denuncia e prórroga.

A vixencia das normas contidas no presente acordo estenderanse desde o 1 de xaneiro de 2000 (sen prexuízo da súa publicación no BOP ou no DOG) ata o 31 de decembro do mesmo ano, incrementándose anualmente as contías económicas que figuran nel segundo o IPC, axustada a súa aplicación ás disposicións legais vixentes.

As condicións contidas no texto do presente acordo prorrogaranse automaticamente por anos naturais ata tanto non se proceda á súa modificación total ou parcial, que deberá realizarse logo de formulación de denuncia de rescisión ou revisión por calquera das partes, cunha antelación mínima de dous meses respecto á data sinalada para o remate da súa vixencia.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

As melloras establecidas en calquera outra disposición de calquera rango e todas aquelas situacións colectivas que, comparadas analítica ou glo

balmente, sexan superiores ás do acordo, serán de aplicación consonte co principio da norma máis favorable ou condición máis beneficiosa para os traballadores.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Constituirase unha comisión paritaria que terá por funcións as que seguen:

a) A interpretación da totalidade do articulado ou das cláusulas do acordo.

b) A vixilancia do cumprimento do pactado.

c) A facultade de conciliación previa naquelas cuestións que lle sexan sometidas de común acordo polas partes.

A comisión estará composta por dous representantes do persoal e dous representantes do concello.

A comisión reunirase por pedimento de calquera das partes, que deberá indicar, en todo caso, os temas que se van tratar. O prazo máximo para realización da reunión desde que sexa solicitada será de 5 días hábiles.

Os acordos tomaranse por unanimidade entre ámbalas dúas partes, serán recollidos en acta, e daráselle-la debida publicidade no taboleiro de anuncios do concello ou, se a súa transcendencia o aconsella, no BOP.

Artigo 8º.-Publicidade do acordo.

O presente acordo será remitido á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o seu rexistro e posterior publicación no BOP ou no DOG, inmediatamente despois da súa aprobación polo Pleno da corporación municipal, en que adquire vixencia.

O concello procurará que todos e cada un dos funcionarios ó seu servicio estean en posesión dun exemplar deste acordo.

Artigo 9º.-Indivisibilidade do acordo.

O acordo ten un carácter mínimo, necesario e indivisible, para tódolos efectos, no sentido de que as condicións pactadas constitúen un todo orgánico e unitario e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas global e conxuntamente vinculadas á totalidade, polo que non poderán ser renegociadas, modificadas ou reconsideradas parcialmente illadas do seu contexto, non podéndose pretende-la aplicación de partes do seu articulado rexeitando o resto, senón que sempre terá que ser aplicado e observado na súa totalidade.

Capítulo II

Xornada e calendario laboral

Artigo 10º.-Calendario laboral.

1. O calendario laboral será o que os órganos competentes da Administración central autonómica ou local, dentro das súas respectivas competencias, sinalen e afecte ó municipio de Cee.

Establécese ademais como festa propia dos funcionarios do Concello de Cee, con carácter de non

recuperable o día 22 de maio, festividade de Santa Rita, patroa dos funcionarios públicos locais. No caso de que a devandita data coincida con festivo, trasladarase ó día hábil inmediatamente anterior ou posterior, por petición dos funcionarios.

2. Os servicios que pola súa peculiaridade teñan que organiza-lo seu traballo en réxime de quendas ou non sexan compatibles co calendario laboral, axustaranse ós calendarios que estableza a concellería responsable tras negociación co órgano de representación dos funcionarios afectados e comunicación ó departamento de persoal. No anexo a este acordo incluiranse, para coñecemento xeral, os servicios que estean ou poidan estar incluídos neste punto.

Artigo 11º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo común obrigatoria será de 37,5 horas semanais en cómputo mensual, sen prexuízo de xornadas especiais para aqueles funcionarios que teñan especial dedicación segundo o catálogo de postos de traballo e nos termos que nel se sinalen.

Artigo 12º.-Horario de traballo.

1. Do 1 de outubro ó 31 de maio o horario laboral xeral das oficinas municipais será, de luns a venres, o que segue:

Mañás: 8 a 14.30 horas.

Tardes: 16.30 a 19.30 horas, mediante quendas rotatorias semanais con dous funcionarios municipais.

2. Os funcionarios ós que lles corresponda prestar servicio na quenda da tarde verán reducida a xornada da mañá en 1 hora e media, á entrada ou á saída, segundo prefiran.

3. Os horarios específicos que se poidan recoller segundo o indicado no artigo 10º e que figuran como anexo a este acordo, serán revisados no mes de decembro de cada ano para o seu cumprimento a partir do mes de xaneiro do seguinte ano.

4. Tódolos funcionarios municipais estarán sometidos a un sistema de control fiable ó inicio e á terminación da xornada laboral.

5. O cumprimento da xornada de traballo establecida no presente acordo dará lugar ás correspondentes deduccións en nómina, sen prexuízo das responsabilidades a que poida dar lugar, ou ben, recupera-las horas que falten para o cómputo mensual das 37,5 horas semanais nos días e nas horas que dispoña o xefe da unidade e demanda do servicio.

Artigo 13º

Durante o período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro o horario xeral único será, de luns a venres, de 8 a 14.30 horas.

Artigo 14º

Tódolos funcionarios disporán dun período de vinte minutos diarios de descanso, con carácter de non

recuperable, dentro da xornada laboral, debéndose realizar entre o persoal de tal xeito que sigan atendidos os distintos servicios municipais. Non poderá estar ausentes a un mesmo tempo máis do 50% do persoal adscrito a un mesmo servicio agás naqueles departamentos nos que preste servicio un único funcionario.

Capítulo III

Vacacións, licencias e permisos

A) Vacacións.

Artigo 15º

O período de vacacións anuais, non substituíbles por compensación económica, será dun mes ou de trinta días naturais ou, se é o caso, na proporción que corresponda de non prestar servicio o ano completo.

Artigo 16º

As vacacións desfrutaranse preferentemente no período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, podendo dividirse en dous períodos de 15 días, como norma xeral.

Poderán ser fóra daquel período por iniciativa voluntaria do funcionario previa á súa solicitude e sempre que non cause trastorno ó seu servicio.

Artigo 17º

Antes do día 15 de maio de cada ano cada unidade administrativa ou servicio deberá remiti-lo seu plan de vacacións á unidade de persoal, para a súa posterior aprobación por resolución da alcaldía.

A aprobación dos plans de vacacións das distintas unidades administrativas por resolución da alcaldía realizaranse antes do 31 de maio de cada ano.

O plan de vacacións poderase modificar con carácter individualizado, logo da solicitude do interesado, sempre que non exista oposición por parte do xefe da unidade administrativa do servicio correspondente, fundamentada en razóns obxectivas do servicio e que non afecte a intereses de terceiros no ámbito das quendas preestablecidas.

Artigo 18º

O período vacacional poderá quedar suspendido a solicitude do interesado cando polo mesmo se presente unha baixa médica, se a este lle sobreviñese unha enfermidade ou accidente durante o dito período.

Igualmente, e para o suposto de que a dita baixa sobreviñese con anterioridade ó inicio das vacacións e subsistise no día sinalado para o comezo delas, estas non empezarán a correr para o interesado.

Tanto nun coma noutro caso, de producirse colisións de intereses entre o funcionario que modifica o seu cadro de vacacións como consecuencia da baixa médica e aqueloutros da mesma unidade administrativa ou servicio que xa as teñan programadas, terán estes últimos preferencia sobre aquel que, en todo caso, terá que se supeditar ás necesidades do servicio.

Artigo 19º.-Licencias e permisos.

Na materia de licencias e permisos haberase que ater ó regulado pola lexislación vixente aplicable en cada momento e ó que se dispón nos artigos que seguen.

B) Licencias retribuídas.

Artigo 20º.-Licencia por matrimonio.

Por matrimonio propio o funcionario terá dereito a unha licencia de quince días naturais ininterrompidos que se poderán desfrutar con anterioridade ou posterioridade á súa celebración, incluíndo a dita data, podendo acumulala ás vacacións.

Por matrimonio de parentes: pais, irmáns ou fillos do interesado, o día da celebración.

Artigo 21º.-Licencia por maternidade.

Aplicarase o disposto na Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promove-la conciliación da vida familiar e laboral dos traballadores.

Artigo 22º.-Licencia por estudios.

Poderase conceder licencia para asistir a cursos da materia directamente relacionada coa función pública logo da solicitude presentada no rexistro xeral e coa posterior xustificación da súa asistencia.

Esta licencia será concedida polo alcalde-presidente, e deberá de contar co informe favorable da unidade administrativa correspondente e coñecemento da comisión paritaria deste acordo. No caso de concederse, o funcionario terá dereito a percibi-la súa remuneración e a indemnización prevista na lexislación aplicable.

Artigo 23º.-Licencia por enfermidade.

O concello aboaralles ós funcionarios as percepcións que lles correspondan, segundo a lexislación vixente, durante a situación de incapacidade temporal, debéndose xustificar tal situación mediante o parte de baixa expedido polos facultativos da Seguridade Social e os correspondentes partes de confirmación.

A duración máxima desta situación será a establecida pola lexislación vixente da Seguridade Social.

A alcaldía poderá efectua-la comprobación das baixas por enfermidade de calquera funcionario cando o considere oportuno a través dos servicios médicos dos que para os efectos dispón o servicio de inspección da Seguridade Social.

A imposibilidade de asistencia ó traballo por enfermidade sobrevida deberá de notificárselle ó xefe da unidade respectiva no mesmo día en que se produza; este, pola súa banda, comunicaralle a ausencia ó departamento de persoal. Se tal condición se mantivese máis de tres días, deberá presenta-lo correspondente parte de baixa.

Artigo 24º.-Licencia sen retribución.

Concederase, conforme o previsto no artigo 142 do texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, e artigo 68.3º da Lei de función pública de Galicia.

Esta licencia terá unha duración acumulada que non poderá exceder de tres meses cada dous anos e desfrutarase sen ningunha retribución.

A concesión deste tipo de licencia subordinarase, en todo caso, ás necesidades do servicio.

C) Permisos.

Artigo 25º

O persoal municipal, logo de aviso e xustificación, e sen prexuízo do establecido na lexislación vixente en cada momento, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e períodos de tempo que a continuación se relacionan:

1. Dous días polo nacemento ou adopción de fillos e pola morte ou enfermidade grave dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade cando o suceso se produza na mesma localidade e catro días cando sexa en distinta localidade.

2. Un día por traslado de vivenda habitual.

3. Un día por concorrencia a exames oficiais.

4. O funcionario cun fillo menor de nove meses ó seu cargo terá dereito a unha hora diaria de ausencia no traballo (unha persoa só do matrimonio). Este período de tempo poderá dividirse en dúas fraccións.

5. Para acudir a consultas, tratamentos e exploracións de tipo médico (debidamente xustificados).

Artigo 26º

Os permisos recollidos no artigo anterior solicitaranse en impreso oficial e a súa concesión efectuaraa a alcaldía-presidencia, logo de informe da unidade de persoal. Deberán ser solicitados con antelación suficiente, se é posible, e ser resoltos, así mesmo, con antelación ós días solicitados. En caso de silencio consideraranse concedidos.

D) Permisos por asuntos propios.

Artigo 27º

Conforme o previsto no artigo 142 do texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986 e artigo 70.3º da función pública de Galicia, todo funcionario ten dereito a desfrutar de nove (9) días de permiso ó longo do ano para asuntos propios sen xustificación, respectando as necesidades do servicio.

O persoal poderá desfrutar destes días á súa conveniencia, logo de petición por escrito e autorización do alcalde, e tendo en conta que nunca deberá queda-lo servicio desatendido, salvo naqueles servicios administrativos en que só exista un funcionario. Estes días non poderán acumularse en ningún caso ás vacacións anuais.

Cando por razóns do servicio o funcionario non desfrute do mencionado permiso ó longo de todo o ano, poderá concederse este, única e exclusivamente, na primeira quincena do mes de xaneiro do ano seguinte.

Artigo 28º

Para os días 24 e 31 de decembro o horario das oficinas municipais será de 9 a 13 horas.

Artigo 29º

Na materia á que se refire este capítulo e no non contido expresamente nel, seguirase o disposto na lexislación vixente.

Capítulo IV

Condicións económicas

Artigo 30º.-Retribucións básicas.

A contía das retribucións básicas mensuais será a que se fixe para cada un dos grupos A, B, C, D e E ó que se refire o artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, e a dos orzamentos xerais do Estado para o ano correspondente.

Artigo 31º.-Pagas extraordinarias.

As pagas extraordinarias, que serán dúas ó ano, terán un importe, cada unha delas, dunha mensualidade do soldo e trienios con dereito a percibilas nos meses de xuño e decembro.

Retribución complementarias.

Artigo 32º.-Complemento de destino.

É o correspondente ó nivel do posto que desempeñe o funcionario. A asignación de niveis de postos de traballo vén establecida no catálogo de postos de traballo que aproba cada ano o Pleno como consecuencia da aprobación orzamentaria do ano correspondente.

A contía do complemento de destino determinarase pola Lei orzamentaria xeral do Estado.

Artigo 33º.-Complemento específico.

Son as condicións particulares de cada un dos postos de traballo as que determinan o complemento específico e a súa contía. Está establecido no catálogo de postos de traballo que aproba cada ano o Pleno como consecuencia da aprobación orzamentaria do ano correspondente.

Artigo 34º.-Relación de postos de traballo.

Como anexo ó presente acordo elaborarase un catálogo ou relación dos postos de traballo no que figurará a dotación de funcionarios de cada posto, o grupo ó que pertence, escala, subescala, retribucións básicas e retribucións complementarias.

Artigo 35º.-Gratificacións.

Terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servicios extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo.

O importe das gratificacións polos servicios extraordinarios determinarase por grupos, segundo o artigo 25 da Lei 30/1984 e nas contías que seguen:

GrupoH. extraExtra nocturna (22 a 6 horas)

normalsábado ou festivo

A3.6574.387

B3.1333.760

C1.9152.297

D1.7402.088

E1.3271.593

Estes importes quedan suxeitos ás mesmas variacións que, como consecuencia dos incrementos establecidos na Lei orzamentaria xeral do Estado, sexan de aplicación ós funcionarios do Estado.

Acórdase a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extras, isto é, as realizadas fóra da xornada de traballo, de acordo cos seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias normais, supresión total e absoluta.

b) Horas extraordinarias estructurais, excepcionais ou orixinadas por producirse imprevistos, ausencias, interrupcións do servicio, alteracións das quendas do persoal ou outras circunstancias de carácter puntual derivadas da actividade ou servicio de que se trate que non poidan ser atendidas polo persoal existente.

As horas extraordinarias serán compensadas en tempo libre segundo o seguinte baremo:

-1 hora extra: 1 hora 30 minutos libre.

-1 hora extra festiva/nocturna: 2 horas libre.

Por acordo do traballador ou grupo de traballadores e o xefe do servicio ou unidade, o desfrute das horas de compensación poderán acumularse ata chegar a completar unha xornada de traballo.

Se as horas non se poden desfrutar en tempo libre por causa do servicio serán aboadas segundo o importe sinalado para cada grupo. En todo caso, transcorridos dous meses desde a súa realización de non poder desfrutalas en tempo libre, por razón de servicio, serán aboadas na nómina do mes que lle corresponda.

Artigo 36º.-Gratificacións por servicios da policía local.

Como consecuencia das características específicas dos postos de traballo desempeñados pola policía local, estes funcionarios terán dereito a:

a) Que se lles compense cada día festivo traballado con dous días libres.

b) Un incremento de 25.000 pesetas mensuais no complemento específico como compensación por:

-Traballar un mínimo de 40 domingos ó ano.

-Nocturnidade e traballo en réxime de quendas.

-Perigosidade que comporta a actividade policial.

-Penosidade.

c) Dous días libres debido á imposibilidade de desfruta-las vacacións nos meses de xullo e agosto.

d) Elaboración do calendario laboral da policía local no que se establezan os horarios e as quendas coas súas correspondentes rotacións.

e) Revisión da póliza de seguro de responsabilidade civil, co fin de incluí-las funcións da policía local na cobertura dela.

Artigo 37º.-Indemnización por razón do servicio.

Os funcionarios percibirán as indemnizacións correspondentes ós servicios prestados no concello, segundo o disposto no artigo 23.4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, e no Real decreto 236/1988, do 4 de maio, sobre indemnizacións por razón de servicio.

Os funcionarios que asistan a sesións ou reunións dos órganos colexiados do concello, xa sexan órganos necesarios ou complementarios, terán dereito a un incremento de 6.000 pesetas mensuais nas súas retribucións.

O funcionario responsable da secretaría municipal percibirá as gratificacións que, de acordo co artigo 35º, lle correspondan pola asistencia ás sesións dos órganos colexiados cando estas se realicen fóra da xornada normal de traballo.

Artigo 38º.-Cláusula de revisión salarial.

Cando por unha disposición ou norma se establecese para os funcionarios da Administración do Estado unha retribución deles por diferencia entre a inflación real e os incrementos establecidos nos orzamentos xerais do Estado, tal revisión será aplicada automaticamente e cos mesmos efectos ós funcionarios deste concello.

Co fin de lle dar cumprimento ó anterior nos orzamentos do concello crearase un fondo específico para o mantemento do poder adquisitivo, nos termos e condicións recollidas no capítulo III do acordo FEMP-Sindicatos 1995-1997.

Capítulo V

Condicións sociais

Artigo 39º.-Servicios sociais.

Inclúense dentro do ámbito de aplicación deste concepto os gastos derivados de servicios sanitarios non concertados, que impliquen un beneficio directo ós funcionarios municipais e ós seus beneficiarios (cónxuxe ou fillos).

A axuda económica por estes conceptos terá un máximo anual de 20.000 pesetas por funcionario.

As solicitudes poderán presentarse durante todo o ano, debendo achegar coas mesmas xustificación do gasto mediante factura detallada e, se é o caso, a prescrición médica correspondente.

Artigo 40º.-Bolsas de estudios.

Establécense as seguintes axudas para cada membro da unidade familiar que realice os seguintes estudios:

-Educación primaria: 15.000 pesetas ano escolar.

-Educación secundaria: 20.000 pesetas ano escolar.

-Universidade, escolas técnicas ou equivalentes: 40.000 pesetas ano escolar.

Poden beneficiarse destas axudas os funcionarios, fillos, cónxuxe e orfos menores de idade dos funcionarios. As solicitudes deberán acompañarse da xustificación, debidamente documentada, da matrícula no centro de estudios correspondente.

Artigo 41º.-Garderías.

Establécese unha axuda de 15.000 pesetas/ano escolar. Os beneficiarios da mesma serán os fillos dos funcionarios achegando xustificación debidamente documentada.

Artigo 42º.-Gratuidade dos servicios do concello.

Os funcionarios, cónxuxes e fillos deles terán dereito a desfrutar de matrícula gratuíta nos servicios públicos educativos, culturais ou deportivos que sexan prestados polo concello.

Artigo 43º.-Anticipos reintegrables.

1. Por petición do interesado o concello concederalles ós funcionarios anticipos de ata catro mensualidades das retribucións básicas e complementarias líquidas, cun tope máximo de 500.000 pesetas. A devolución efectuarase mediante deduccións mensuais en nómina e sen xerar ningún tipo de xuro.

2. O período máximo de devolución deles establécese en relación co importe respectivo, segundo o seguinte baremo, podendo en calquera caso o funcionario solicitar un período de tempo menor para a amortización:

a) 10 meses para os anticipos dunha mensualidade.

b) 20 meses para os anticipos de dúas mensualidades.

c) 30 meses para os anticipos de tres mensualidades.

d) 40 meses para os anticipos de catro mensualidades.

3. No suposto de funcionarios interinos, terase en conta o tempo que falte para o seu previsible cesamento.

4. Se por calquera causa o funcionario cambiase a súa condición de servicio activo, deberá aboa-lo saldo pendente de pagamento antes do seu pase definitivo á situación que lle corresponda.

5. As solicitudes de anticipos terán que ser xustificados polos interesados e serán resoltos por decreto da alcaldía, logo do visto e prace por parte da comisión de seguimento deste acordo, responsable de determina-las preferencias.

6. Os anticipos anteriores entenderanse sen prexuízo de poder solicita-los establecidos no Real decreto do 16 de decembro de 1929, que poderán ser outorgados dunha forma inmediata por resolución da alcaldía con coñecemento posterior ós representantes do persoal.

Asistencia xurídica e pólizas de seguro.

Artigo 44º.-Asistencia xurídica.

O concello obrígase a prestar asistencia xurídica ós funcionarios nos supostos de conflictos xurdidos con terceiros como consecuencia da prestación dos seus servicios.

Artigo 45º.-Responsabilidade civil.

Así mesmo, o concello obrígase a cumprir posibles responsabilidades civís que puidesen derivar das actividades propias dos funcionarios, salvo en casos de manifesta neglixencia debidamente probada.

Para estes efectos subscribirá o concello unha póliza de seguro que garanta unha adecuada cobertura de responsabilidade civil para tódolos funcionarios municipais.

Artigo 46º.-Seguro de accidentes.

O concello ten subscrita unha póliza de seguro colectivo de accidentes para os seus funcionarios municipais en situación de servicio activo, que cubrirá os seguintes riscos:

a) Falecemento.

b) Invalidez absoluta ou permanente.

c) Falecemento por accidente laboral ou por accidente de circulación en desprazamento ó posto de traballo.

d) Invalidez absoluta ou permanente por accidente de circulación en desprazamento ó traballo.

O capital asegurado será por unha contía de 6.000.000 de pesetas (seis millóns de pesetas).

Capítulo VI

Condicións sindicais

Artigo 47º

Canto ó dereito de reunión, garantías e dereitos sindicais haberá que se ater ó expresamente regulado na lexislación vixente aplicable.

Artigo 48º

Tódolos funcionarios do Concello de Cee terán dereito a sindicarse libremente na defensa e promoción dos intereses profesionais, económicos e sociais que lles son propios como traballadores, e á non discriminación, prexuízo ou sanción por razóns de afiliación e exercicio dos dereitos sindicais de acordo coa Lei orgánica 11/1985 e coa Lei 9/1987.

Artigo 49º

De conformidade coa lexislación vixente, o Concello de Cee recoñece o delegado de persoal ou, se é o caso, delegados de persoal, como órgano repre

sentativo dos funcionarios, que actúa con capacidade xurídica e de obrar en defensa dos intereses dos funcionarios e dos seus propios (artigo 4 da Lei 9/1987, do 12 de xuño).

Sen prexuízo da capacidade de representación que asiste o delegado de persoal/delegados de persoal en defensa dos intereses do colectivo, recoñéceselles tamén a dita capacidade, de conformidade coa lexislación aplicable, ós sindicatos, seccións sindicais, e en xeral, organizacións legalmente creadas e establecidas para a defensa dos intereses dos funcionarios; estes poderán, a través dos seus órganos acreditativos ante o concello, realizar todo tipo de actuacións sindicais das previstas nas normas correspondentes (Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical).

Artigo 50º.-Horas sindicais.

Fíxase en 15 horas mensuais de libre disposición sindical para os delegados de persoal, debéndoselle comunicar previamente ó alcalde as que teña previsto utilizar de antemán ou con posterioridade de teren carácter imprevisto. Estas horas disporanse dentro da xornada de traballo e serán contabilizadas como traballo efectivo.

Non se considerarán computables como horas sindicais, nin as de negociacións nin aquelas para reunións con órganos administrativos convocados por iniciativa destes.

Artigo 51º.-Dereito de reunión.

Están lexitimados para convocar unha reunión:

a) O delegado de persoal, ou delegados de persoal, se é o caso.

b) As organizacións sindicais.

c) Os funcionarios do concello, sempre que o seu número non sexa inferir ó 40% do colectivo convocado.

Artigo 52º.-Dereito de folga.

O concello recoñece o dereito de folga do persoal municipal nos termos establecidos na lexislación vixente.

A comisión de seguimento ou, en calquera caso, a alcaldía ou a concellería delegada de persoal, de acordo co órgano representativo dos funcionarios, elaborará unha proposta de servicios mínimos para o caso de folga; estes servicios mínimos terán que prestarse con carácter inescusable.

Artigo 53º

A normativa vixente sobre saúde, seguridade e condicións de traballo, será de aplicación a tódolos funcionarios do Concello de Cee.

No prazo de tres meses a partir da aprobación do presente acordo, constituirase o comité de seguridade e hixiene, co obxectivo de velar pola adopción, mantemento e perfeccionamento de medidas correctas de seguridade e hixiene nos centros de traballo dependentes do Concello de Cee.

O comité de seguridade e hixiene estará presidido polo alcalde ou concelleiro delegado de persoal e réxime interior, e a súa composición será determinada pola comisión de seguimento, respectándose que haxa un número igual de membros designados polo concello e polo órgano representativo dos funcionarios, sen que en ningún caso poida se-lo seu número de membros superior a oito.

En calquera momento o comité de seguridade e hixiene estará asistido polos técnicos e especialistas que precisen e designe o propio comité.

Artigo 54º.-Recoñecemento médico.

Cada ano os funcionarios municipais que o soliciten poderán realizar un exame médico integral (revisión médica completa); a mutua que teña contratado o servicio de accidentes será a responsable de levar a cabo a dita revisión.

Artigo 55º.-Gratificacións por xubilación.

Os funcionarios municipais percibirán, cando se xubilen, unha gratificación económica de 15.000 pesetas por ano de servicio ó concello.

Artigo 56º.-Réxime de vestiario.

O concello facilitará roupa de traballo e calzado homologado e de uso obrigatorio a todo o persoal ó seu servicio ou cando as condicións e natureza do traballo o esixan por razóns de seguridade e hixiene, uniformidade ou outro motivo xustificado.

Redactarase un regulamento de vestiario co obxectivo de regula-lo dereito do persoal municipal a desfrutar do vestiario necesario para o seu traballo.

O vestiario entregaráselles ós funcionarios antes do inicio das súas funcións renovándose periodicamente nos prazos que se establecen para cada servicio do seguinte xeito:

A) Vestiario policía local:

-1 pantalón de augas (anos alternos).

-1 pantalón de verán (anual).

-1 pantalón de inverno (anual).

-2 xerseis (anual).

-2 camisas de verán (anual).

-2 camisas de inverno (anual).

-1 par de zapatos de verán (anual).

-1 par de zapatos de inverno (anual).

-1 par de botas (anos alternos).

-1 anorak ou chuvasqueiro (anos alternos).

-1 gorra (anos alternos).

-1 par de luvas de coiro (cada tres anos).

-3 pares de calcetíns de verán (anual).

-3 pares de calcetíns de inverno (anual).

-1 garavata (anos alternos).

B) Vestiario alguacil-porteiro municipal:

-1 par de zapatos de verán e 2 pares de calcetíns de verán (anual).

-1 par de zapatos de inverno e 2 pares de calcetíns de inverno (anual).

-2 camisas de verán (anos alternos).

-2 camisas de inverno (anos alternos).

-2 garavatas e 2 pantalóns (anos alternos).

Capítulo VII

Condicións profesionais

Artigo 57º.-Formación.

O concello fomentará a formación profesional dos funcionarios ó seu servicio. Para isto, facilitarase a asistencia a cursos, seminarios, congresos, conferencias e calquera evento que contribúa á formación profesional dos funcionarios.

Os funcionarios que cursen estudios de formación e perfeccionamento profesional terán preferencia para elixir quenda de traballo, se é o caso, e de vacacións anuais, así como adaptación da xornada ordinaria de traballo para asistencia ós ditos cursos, á marxe das concesións de licencias por estudios necesarios para iso, se fora preciso, de acordo co artigo 17º deste acordo.

O concello farase cargo dos gastos de quilometraxe e manutención, se é o caso, dos funcionarios que acudan ós cursos, previamente autorizados pola alcaldía.

Artigo 58º.-Promoción interna.

O concello facilitará a promoción interna consistente no ascenso desde corpos, escalas ou subescalas do grupo inferior a outros correspondentes ó grupo inmediato superior, sendo necesario reuni-los requisitos e supera-las probas que para cada caso se establecesen.

Para lograr unha maior promoción de persoal ó servicio do Concello de Cee arbitraranse para cada caso concreto e ata o límite que estableza a lexislación vixente, medidas para suprimir ou reduci-los programas e/ou exercicios do procedemento selectivo do que se trate.

Artigo 59º.-Provisión de postos de traballo.

Os funcionarios do Concello de Cee teñen dereito ó cambio do seu posto de traballo unha vez que se teña producido vacante no posto de traballo de igual ou superior nivel, dentro do mesmo grupo e escala.

Artigo 60º

Os procedementos para a provisión de postos de traballo vacantes, desempeñados por funcionarios, rexeranse pola convocatoria respectiva, con base na lexislación aplicable.

Establécese como sistema xeral de provisión de vacantes o concurso-oposición.

Artigo 61º

O Concello de Cee fomentará a mobilidade interadministrativa á que se refire o artigo 17.2º da Lei 30/1984.

Capítulo VIII

Réxime disciplinario

Artigo 62º

O cadro de faltas e sancións dos funcionarios incluídos no ámbito de aplicación deste acordo, así como o procedemento e réxime disciplinario xeral, acomodaranse ó regulamento aprobado polo Real decreto 33/1986, do 10 de xaneiro, e demais normas específicas vixentes aplicables, xunto coas puntualizacións que neste capítulo se sinalen.

Artigo 63º

O concello comprométese a esgota-la vía do diálogo e da información reservada, logo de iniciación do expediente disciplinario a calquera funcionario do Concello de Cee.

Artigo 64º

O concello deberalle de comunicar ó órgano representativo dos funcionarios a incoación de calquera expediente disciplinario dentro do prazo establecido para comunicarllo ó interesado.

O órgano representativo dos funcionarios neste concello será oído antes da resolución de calquera expediente disciplinario tanto polo instructor del como pola autoridade ou órgano competente na materia sancionadora.

Artigo 65º

O acordo FEMP-Sindicatos sobre condicións de traballo na función pública local para o período 1995-1997 asúmese na súa totalidade polas partes negociadoras deste acordo.

Disposicións adicionais

Primeira.-As modificacións parciais puntuais deste acordo poderán ser acordadas pola mesa de negociación e polo concello, sen necesidade de denuncia-lo dito acordo.

Segunda.-As situacións xurídicas determinadas polo establecido no presente acordo terán efectos a partir da súa vixencia, salvo nos casos que expresamente se prescriba outra cousa.

ANEXO

Horarios específicos

a) Policía local.

O horario de traballo da policía local será, mediante quendas, o seguinte:

Quenda de mañá: 8 a 15 horas (diario).

Quenda de tarde: 15 a 22 horas (diario).

Quenda de noite: venres e sábados, de 0 a 6 horas.

Domingos, de 22 a 4 horas.

b) Alguacil-porteiro municipal.

De 1 de outubro ó 31 de maio (de luns a venres):

Mañás: 9.30 a 13.30 horas.

Tardes: 16.30 a 19.30 horas.

Do 1 de xuño ó 30 de setembro (de luns a venres): 8 a 14.30 horas.

c) Bibliotecario municipal.

De luns a venres.

Mañás: 9.30 a 13.30 horas.

Tardes: 16.30 a 18.30 horas.

Do 1 de xuño ata o 30 de setembro aplicarase o horario de verán: 8 a 14.30 horas (de luns a venres).

d) Conserxe colexio Eugenio López.

Do 1 de outubro ó 31 de maio (de luns a venres):

Mañás: 9.30 a 13.30 horas.

Tardes: 15 a 18.30 horas.

Do 1 de xuño ó 30 de setembro (de luns a venres): 8 a 14 horas.

Vacaciones durante o mes de agosto.