Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.881

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de decembro de 2000 pola que se convocan axudas á renovación da flota e á modernización dos buques pesqueiros para o exercicio de 2001.

A Orde do 14 de xullo de 2000 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o proce-

demento de concesión de axudas á renovación da flota e á modernización dos buques pesqueiros prevé, co obxecto de que os investimentos se realicen dentro do ano de concesión da axuda, que a convocatoria anual se fará no exercicio orzamentario anterior, rexida polas bases e condicións establecidas na dita orde e axustándose ó previsto para a tramitación anticipada de expedientes de gasto.

Para tal efecto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Convocatoria de axudas.

Convócanse axudas á renovación da flota e á modernización dos buques pesqueiros, que se rexerán polas bases e condicións e de acordo co procedemento establecido na Orde do 14 de xullo de 2000 (DOG do 2 de agosto); o prazo de presentación de solicitudes, de acordo co seu artigo 12 será o de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria.

Artigo 2º.-Crédito orzamentario.

As subencións concédense co cargo ó próximo exercicio, de acordo coa normativa reguladora da tramitación anticipada de expedientes de gasto, e condicionada a súa eficacia á existencia de crédito axustado e suficiente unha vez aprobado o orzamento.

Con cargo a aplicación 12.03.723.A.771.0 do orzamento do ano 2001 e cun importe máximo de 449.625.000 pesetas polo que respecta á renovación da flota pesqueira artesanal, e con cargo á aplicación 12.03.723.A.770.0 polo que respecta ó resto da renovación e modernización, cuns importes máximos respectivamente de 4.147.290.250 pesetas e 731.874.750 pesetas.

Disposición derradeira

Esta orde entrará vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2000.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura