Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.881

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de decembro de 2000, polo que se declaran municipios turísticos galegos os concellos de Corcubión e Betanzos.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 1 de decembro de 2000 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar municipios turísticos galegos os concellos de Corcubión e Betanzos, pertencentes á provincia da Coruña, de acordo co disposto no artigo 8 do Decreto 239/1998, do 30 de xullo, polo que se regula a declaración de municipio turístico galego.

En cumprimento do disposto no citado artigo, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ós concellos correspondentes.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo