Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.890

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Reparaciones y Montajes de Galicia, S.A. (Reymogasa).

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Reparaciones y Montajes de Galicia, S.A. (Reymogasa) (código 2700462), da provincia de Lugo, asinado o día 25 de outubro de 2000, pola representación da mencionada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mencionado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 6 de novembro de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta de outorgamento

Asistentes:

Pola empresa:

José ángel Corral Leciñana.

Luis Ángel Fernández Lozano.

Polos traballadores:

Xosé Ramón Maseda Blanco.

Víctor José López Suárez.

Francisco Cazón Pardo.

Francisco Goas Castro.

Antonio Álvarez Pérez.

Francisco Álvarez Fragoso.

José Domínguez Meitín.

Domingo Mateo Almagro.

José Manuel Pérez Méndez.

En San Cibrao (Lugo), 25 de outubro de 2000, reunida a comisión deliberadora, integrada polos membros enriba mencionados, apróbase por unanimidade o texto articulado do convenio colectivo para os anos 2000, 2001 e 2002 da empresa Reparaciones y Montajes Galicia, S.A. (Reymogasa), centro de traballo de San Cibrao (Lugo), que se anexa á presente acta de outorgamento, e será remitido á autoridade laboral para a súa publicación, se procede, no BOP, acordándose, non obstante, proceder á súa aplicación sen esperar esta formalidade.

E como proba de conformidade asinan a presente acta tódolos membros da comisión, no lugar e data indicados no encabezamento.

Convenio colectivo da empresa Reparaciones y Montajes Galicia, S.A. (Reymogasa), para o seu centro de traballo de San Cibrao (Lugo)

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo de traballo regula as condicións de traballo entre a empresa Reymogasa e o seu persoal do centro de traballo de San Cibrao (Lugo).

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afecta este convenio a tódolos traballadores da empresa que prestan os seus servicios na actualidade no centro de traballo de San Cibrao (Lugo), así como ós que ingresen no mesmo durante a súa vixencia, sexa por traslado doutros centros, sexa por contra

tación directa, con excepción do persoal considerado como fóra de convenio.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este convenio subscríbese por tres anos, con vixencia desde o día 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2002, salvo naqueles artigos nos que expresamente se sinale a súa entrada en vigor.

Extinguido o prazo de vixencia, entenderase denunciado polas partes na forma que establece a lei. O comité de empresa presentaralle a esta un anteproxecto dun novo convenio, antes do día 1 de novembro de 2002 e a súa negociación principiará non máis tarde do día 1 de febreiro do 2003.

Capítulo II

Cláusulas xenéricas

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas no seu conxunto, en cómputo global.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas, que, a título persoal, puidese posuír calquera traballador afectado por este convenio.

Artigo 6º.-Cláusula de compensación e absorción.

As remuneracións que se establecen neste convenio substitúen e compensan no seu conxunto tódalas retribucións e emolumentos de carácter salarial que viñese percibindo o persoal con anterioridade á súa entrada en vigor, xa fose por virtude do establecido na derrogada ordenanza de traballo siderometalúrxica, disposicións laborais concordantes, convenios colectivos anteriores, regulamentos de réxime interior, pacto individual ou concesión graciable da empresa, sen que en ningún caso o traballador poida sufrir diminución na global retribución que viñese recibindo.

Capítulo III

Xornadas e descansos

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

Para o ano 2000, a duración máxima da xornada ordinaria efectiva de traballo será de 1.787 horas.

Para 2001 e 2002, rexerá a establecida, se é o caso, no convenio provincial de Lugo, para as industrias de siderometalurxia.

Non obstante, tendo en conta as razóns de orde funcional e organizativa que vinculan a empresa coa principal, considérase como xornada ordinaria a desta, para os traballadores que presten os seus servicios neste centro, asumíndose como propios os horarios e xornada da empresa principal, os excesos dos cales se considerarán como xornada extraordinaria e poderanse compensar con descansos ou mediante a retribución extraordinaria correspondente.

No suposto de que algún traballador non puidese por razóns de mobilidade funcional, ou por outras causas non imputables a este, chegar a realizar a xornada anual ordinaria, non poderá ser obrigado a completa-la dita xornada nin se lle deducirá da súa nómina o importe das horas non traballadas. Pola contra, se algún traballador fose desprazado ou trasladado por necesidades de servicios, e tralos trámites legais previos, a outro centro de traballo no que rexa o xornada de 1.787 horas anuais, ou outra superior á establecida como xornada ordinaria no centro de traballo de San Cibrao, estará obrigado a realiza-la dita xornada superior sen incremento ningún da retribución pactada neste convenio e sen prexuízo das restantes garantías establecidas na lei.

Este artigo terá vixencia en anos sucesivos.

Artigo 8º.-Traballo en días festivos.

O persoal a quendas que, como consecuencia do seu réxime de traballo, deba traballar en días festivos, traballará nos ditos días dentro do cómputo da xornada anual ordinaria, percibindo, ademais do salario ordinario, un complemento salarial de contía igual á sinalada nas táboas salariais anexas, complemento que, para efectos do Real decreto 1858/1981, terá a consideración de horas extraordinarias de carácter estructural.

Artigo 9º.-Vacacións.

Para o persoal que permanecese en alta na empresa durante todo o ano natural as vacacións serán de vintedous días laborables.

Destes vintedous días laborables, os traballadores adscritos á xornada fraccionada, que así o desexen, poderán beneficiarse de vinte días laborables consecutivos, podendo toma-los dous restantes en calquera momento, sempre que sexa avisado o mando cunha antelación mínima de 48 horas e que o dito beneficio non afecte ó proceso productivo de cada labor.

O persoal de novo ingreso ou incorporado de calquera situación que non reporte vacacións terá dereito a se beneficiar no dito ano dun número de días proporcional ó tempo que se presupoña leve de servicio o 31 de decembro do mesmo ano. Se, efectuado o cómputo, dese un número fraccionado, arredondarase, en todo caso por exceso, a prol do traballador.

Como norma xeral, as vacacións aproveitaranse na modalidade convida entre empresa e traballador. Non obstante, antes do día 31 de xaneiro de cada ano a representación da empresa e a dos traballadores elaborarán, conxuntamente, un calendario de vacacións para o ano en curso, establecéndose un período para posibles reclamacións que finalizará o 28 de febreiro.

As tandas de vacacións para o persoal adscrito a réximes de traballo a quendas serán de 28 días naturais consecutivos, podendo beneficiarse dos dous restantes en calquera momento, sempre que sexa avisado o mando cunha antelación mínima de

corenta e oito horas e que o dito beneficio non afecte a máis dun traballador por quenda dentro de cada servicio ou sección.

Os traballadores que como consecuencia de IT non puidesen desfruta-las súas vacacións dentro do ano natural poderán facelo a partir da data na que teña lugar a súa alta médica.

Artigo 10º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias as que excedan da xornada ordinaria de cada traballador, segundo o horario e réxime de xornada asignada ó seu posto de traballo.

A prestación do traballo en horas extraordinarias realizarase de acordo cos preceptos contidos no artigo 35 do Estatuto dos traballadores.

En consecuencia, a súa execución por parte do traballador, dentro dos límites previstos no número 2 do dito texto legal, será voluntaria, agás nos supostos que establece o número 3 do mesmo artigo, isto é, cando se trate de prever ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes nos que será obrigatoria a prestación do traballo en horas extraordinarias sen que as mesmas se computen dentro do límite máximo de horas autorizadas.

Con independencia destes traballos extraordinarios por causa de forza maior, terán, así mesmo, unha especial consideración, para efectos da súa aceptación por parte dos traballadores, as que se realicen para atender pedidos imprevistos ou urxentes, necesidades extraordinarias por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza mesma da actividade encomendada cando non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente. Unhas e outras horas terán a consideración de horas estructurais para os efectos establecidos no Real decreto 1858/1981, podendo, con todo, a súa retribución ser substituída pola concesión de descansos compensatorios, computados trimestralmente, por acordo entre as partes.

Mensualmente, a empresa facilitaralle información á representación dos traballadores das horas extraordinarias realizadas por cada traballador e as súas causas. Esta información será facilitada, como máximo, os días 15 de cada mes, debendo ser asinada polos representantes legais do persoal para a súa efectividade en canto á aplicación do real decreto antes mencionado.

Artigo 11º.-Permisos retribuídos.

Considéranse con dereito a retribución os permisos que na súa forma e extensión se citan seguidamente:

1. Falecemento de pais, padrastos, avós, fillos (mesmo políticos), cónxuxes, netos, irmáns e irmáns políticos: tres días laborables, ampliables a cinco días en caso de necesidade de desprazamento a outras localidades distantes cen ou máis quilómetros do centro de traballo.

2. Parto da muller: tres días laborables, ampliables a cinco días no mesmo caso de desprazamento.

3. Casamento do traballador: quince días naturais e ininterrompidos.

4. En caso de doenza grave ou intervención cirúrxica que ocasione hospitalización de pais, padrastos, pais políticos, avós, cónxuxes, fillos, irmáns, irmáns políticos: dous días naturais, ampliables a cinco días no mesmo caso de desprazamento.

5. En caso de matrimonio de pais, fillos, irmáns (mesmo políticos): un día natural, ampliable a tres días no mesmo caso de desprazamento.

6. Cambio de domicilio: un día natural.

7. Por renovación do carné de conducir: un día laborable. Para os traballadores que teñan a categoría profesional de conductores na empresa: o tempo necesario.

8. Citación xudicial: o tempo necesario.

9. Outros deberes inescusables de carácter público: o tempo necesario.

10. Eleccións a cargos públicos: o tempo necesario.

11. Citacións da Administración: o tempo necesario.

12. Citacións a quintas: o tempo necesario.

13. Asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social coincidindo o horario de consulta co de traballo, sempre que sexa por prescrición do médico de cabeceira coa excepción daquelas especialidades que non requiran o dito trámite: o tempo necesario.

14. Asistencia a consulta do médico da Seguridade Social ou particulares: un máximo de ata dúas xornadas completas e mínimo de 16 horas/ano.

15. Doazón de sangue: o tempo necesario (mínimo de catro horas e resto segundo prescrición facultativa).

16. Falecemento de tíos carnais: un día laborable.

Artigo 11º bis.-Lei 39/1999.

Será de aplicación a Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promove-la conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras; manténdose, non obstante, as condicións máis beneficiosas, que puideran resultar en canto a permisos retribuídos.

Artigo 12º.-Licencias non retribuídas.

Os traballadores poderanse beneficiar de ata tres días de licencia ó ano, sen dereito a retribución, ampliables a cinco días en casos excepcionais debidamente xustificados, para resolver asuntos particulares, tras pedimento previo do oportuno permiso cunha antelación mínima de 48 horas á iniciación da quenda en que pretendan faltar. Estes permisos concederanse sempre que a súa aceptación non implique problemas funcionais para o servicio encomendado.

12.1. Permisos para exames e privación de liberdade.

Haberase que ater ás diposicións vixentes que regulan estas materias.

Capítulo IV

Contratación

Artigo 13º.-Formalización dos contratos.

Os contratos de traballo, sexa cal fose a súa modalidade, formalizaranse por escrito e, se así o determina a lei, someteranse ó seu rexistro pola oficina de emprego. Así mesmo, darase conta ó comité de empresa e, se o traballador o solicitase, ó sindicato por el elixido, sempre que este teña sección sindical recoñecida polo propio centro de traballo.

13.1. Contratos de formación.

De se realizaren estes contratos, estarase conforme co establecido na lei, agás no referente ó salario que será o seguinte:

-Primeiro ano: 75% do salario sinalado nas táboas para peón.

-Segundo ano: 83% do salario sinalado nas táboas para especialista.

-Terceiro ano: 90% do salario sinalado nas táboas para oficial de 3ª.

Artigo 14º.-Período de proba.

O período de proba, que se concertará por escrito, será de sete días para os peóns e especialistas e de vinte días para os oficiais.

Artigo 15º.-Eventualidade.

Os traballadores contratados con carácter de eventuais ou por tempo determinado, ó remate da vixencia dos seus contratos de traballo pasarán á situación de fixos de obra, sempre e cando existan na empresa traballos da súa especialidade e categoría nos que poidan ser acomodados.

Seguirase igual criterio no suposto de que, aínda non habendo postos vacantes da súa propia categoría, si o houbese doutra categoría inferior e especialidade apropiada ós coñecementos do traballador e sempre que este o solicite e acepte as condicións correspondentes ó novo posto de traballo.

Como consecuencia das conversacións levadas a cabo para a sinatura do presente convenio, a empresa comprométese a celebrar novo contrato de fixo de obra a tres traballadores en xaneiro de 2001; a dous, a partir de xaneiro de 2001 e a outros dous máis no ano 2002. Para isto, teranse en conta, principalmente, a vinculación á empresa, antigüidade ou outras, a xuízo das partes, criterios que se plasmarán nos estatutos que han de redactarse entre empresa e comité para a creación dunha bolsa de emprego.

Para fixar quen serán os traballadores afectados en primeiro lugar, as partes reuniranse a este fin durante a 1ª quincena de xaneiro de 2001, en día e hora a determinar. Para os seguintes traballadores,

aproveitaranse as reunións que se efectúen para confecciona-las táboas anuais.

Artigo 15º bis.-Xubilacións.

A partir do asinamento do preacordo deste convenio celebrada o día 26 de xuño de 2000, a empresa comprométese a cubri-las baixas que se produzan por invalidez permanente total e/ou absoluta, xubilación ou morte dos seus traballadores fixos, de entre o seu persoal eventual, pasando estes á condición de fixos de obra.

Capítulo V

Fondo asistencial

Artigo 16º.-Fondo asistencial.

16.1. Fins.

Constitúese un fondo para fins asistenciais que terá por obxecto:

a) Cubrir ata o 100% do salario real garantido polo convenio ó persoal en situación de IT, tanto derivada de doenza común como de accidente non laboral, así como a que teña a súa orixe en accidente laboral ou enfermidade profesional. O dito complemento percibirao o traballador nas seguintes condicións:

a.1. Con carácter xeral a partir do 16º día de baixa por enfermidade común ou accidente non laboral. Sen prexuízo do anterior, ámbalas partes comprométense a que a través da comisión do fondo se estudien os índices medios de absentismo dos tres últimos anos para, logo de exclusión de determinadas doenzas e accidentes de circulación, fixar un índice de referencia co fin de soste-la dita prestación de enfermidade, índice que deberá fixa-la comisión xestora nun prazo máximo de 6 meses.

Ámbalas partes acordan que se se incrementan os ditos índices non sería posible soste-lo nivel asistencial previsto e, no dito caso, deberíase retornar á prestación a partir do 31º día de baixa.

a.2. A partir do primeiro día, no caso de hospitalización ou intervención cirúrxica e sempre que exista baixa por IT.

a.3. En todo caso, o complemento extinguirase ó causar alta o traballador, cumpri-los 65 anos ou pasar á situación de invalidez provisional ou á incapacidade permanente en calquera dos seus graos.

b) O dito complemento cubriralle, así mesmo, ata o 100% do importe das pagas extraordinarias, no suposto de ter permanecido de baixa por enfermidade ou accidente durante todo ou parte do semestre anterior ó pagamento de tales gratificacións. O dito dereito nace desde o primeiro día de baixa.

En todo caso, de causar baixa na empresa antes da finalización do semestre, seralle aboada a parte proporcional no momento da liquidación.

16.2. Beneficiarios.

Serán beneficiarios tódolos traballadores comprendidos no ámbito de aplicación deste convenio e que se regulen por el.

O traballador que por calquera causa cesase no plantel da empresa non terá dereito a reclamar do fondo as cantidades por el achegadas.

16.3. Solicitude de axuda.

O traballador que cause baixa por enfermidade ou accidente solicitará da comisión xestora a concesión da axuda que, de acordo coas presentes normas, lle corresponda.

Cando a xuízo da comisión xestora existan indicios razoables para presumir algunha irregularidade na situación de baixa, poderá requiri-lo traballador para se someter a un recoñecemento por un médico que designe aquela, sendo a cargo do fondo os gastos orixinados por este recoñecemento.

Para a adopción desta medida será inescusable a opinión unánime ou cando menos maioritaria da comisión xestora.

16.4. Dotación do fondo.

O fondo nutrirase da contribución do 1% da base de cotización á Seguridade Social por parte do traballador, mesmo se se encontra en situación de IT, que será deducido mensualmente da súa nómina e dunha porcentaxe de igual contía a cargo da empresa, a excepción dos traballadores con contrato de formación, cunha achega que será a cargo da empresa; mentres non se produza un cambio substancial en materia de cotización .

16.5. Da comisión xestora.

A comisión xestora estará formada por catro membros, dous en representación dos traballadores e outros dous en representación da empresa. A representación dos traballadores será designada de entre os membros do comité de empresa. Será presidente o que a comisión designe por unanimidade ou, se é o caso, por maioría, e secretario, un vocal da comisión, que será nomeado de forma trimestral, tendo en conta que a designación recaerá, alternativamente, unha vez entre os representantes dos traballadores e a seguinte entre os da empresa.

A validez dos acordos da comisión xestora requirirá a maioría absoluta dos seus compoñentes.

Será misión da comisión xestora o control e exacto cumprimento desta normativa.

Mensualmente a comisión xestora poñerá en coñecemento dos traballadores, a través dos taboleiros de anuncios, os acordos tomados e o estado das contas.

16.6. Situación do fondo.

O fondo estará situado nunha conta bancaria á disposición da comisión xestora, sendo imprescindible a sinatura mancomunada de dous dos seus membros, un dos designados polos traballadores e outro dos nomeados pola empresa, para a retirada dos fondos.

Os ingresos na conta faranse mensualmente, unha vez aboadas as cantidades acordadas pola comisión xestora. A retirada de fondos farase igualmente de forma mensual, unha vez acordadas as axudas que correspondan pola comisión xestora.

16.7. Importe máximo do fondo.

O importe máximo do fondo, computado mensualmente, unha vez liquidadas tódalas axudas previstas nos fins deste fondo asistencial, non poderá exceder dun millón (1.000.000) de pesetas.

No caso de que durante 3 meses consecutivos se supere o dito límite, a comisión xestora deberá promover unha reducción das contribucións dos próximos meses ata se situar no límite.

O 30 de xuño e o 30 de novembro, farase unha revisión das dispoñibilidades do fondo e, se estas non permitisen cubri-las axudas previstas no número 16.1 deste capítulo, a comisión xestora establecerá unha contribución extraordinaria, que se satisfará entre empresa e traballadores, a partes iguais, nas pagas extraordinarias de xullo e o Nadal, respectivamente.

Do mesmo xeito, no suposto de que se producise algunha situación excepcional derivada de feitos imprevisibles e realmente graves (por exemplo: un accidente colectivo) que fixese insuficiente o saldo do fondo dispoñible, para aboa-las cantidades pactadas, a comisión xestora solicitará da comisión de vixilancia deste convenio a xestión ante a empresa e ante os traballadores para establecer unha cota extraordinaria, suficiente para facer fronte a tales axudas.

16.8. Cancelación do fondo.

A comisión xestora poderá propoñe-la cancelación do fondo e, se así o aproban empresa e asemblea de traballadores, dispoñer da distribución do activo en axudas de tipo social. A dita medida, en calquera caso, deberá coincidir co termo da vixencia do convenio colectivo. A cancelación do fondo será obrigatoria no suposto de que se producise o peche do centro de traballo.

16.9. Accidentes de traballo.

A cobertura que se establece neste artigo para o persoal en situación de IT, cando sexa derivada de accidente de traballo, aplicarase desde o primeiro día da baixa e será cargo exclusivo da empresa.

16.10. Contribucións extaordinarias.

De conformidade cos acordos alcanzados durante a negociación deste convenio colectivo, a empresa fará unha contribución ó fondo asistencial con carácter de extraordinaria, equivalente ó 4,25% das retribucións que figuran nas táboas salariais para o período 1-1-2000 a 30-6-2000.

As cantidades resultantes repartiranse a tódolos traballadores afectados polo convenio, tendo en conta a categoría profesional que teña cada traballador e o tempo traballado durante o dito período.

Igualmente e seguindo os criterios anteriores, unha vez coñecido o IPC real do ano 2001, a empresa fará outra contribución extraordinaria ó fondo asistencial equivalente ó 0,25% sobre as táboas do mencionado ano.

Estas contribucións extraordinarias non adquirirán condición máis beneficiosa nin serán consolidables en táboas salariais.

Autorízase a comisión xestora para que, durante os mencionados anos e de forma extraordinaria, destine as contribucións anteriormente sinaladas para os fins sociais que a dita comisión considere oportunos.

Capítulo VI

Outras atencións sociais

Artigo 17º.-Seguro colectivo.

Para cubrir na medida do posible as consecuencias derivadas do falecemento ou incapacidade total ou absoluta do traballador, a consecuencia de accidente de traballo ou enfermidade profesional, establécese un seguro colectivo con cargo á empresa coas seguintes contías:

De 1-1-2000De 1-11-2000A partir de

a 31-10-2000a 31-12-20011-1-2002

Falecemento4.000.0004.250.0004.500.000

Invalidez total

absoluta 5.000.0005.750.000 6.000.000

Artigo 18º.-Axuda de comida.

Establécese unha axuda de comida, cunha contía que figura nas distintas táboas salariais anexas, que formará parte dunha bolsa de vacacións e faráselles efectiva ós traballadores ó comezo do seu período vacacional; o persoal de novo ingreso percibirá a parte proporcional ó tempo traballado. Esta cantidade non será absorbible durante a vixencia deste convenio.

No ano 2002, á cantidade que resulte despois de aplicada a suba salarial sumaráselle a cantidade de 2.000 pesetas.

Artigo 19º.-Roupa de traballo e de aseo.

O traballador terá dereito a dúas fundas ou traxes de traballo, a elección do traballador por cada ano de servicio prestado e a un terceiro caso de necesidade, así como á entrega de dúas toallas por ano. Ó persoal de novo ingreso faráselle entrega de igual dotación, sempre que a súa contratación sexa igual ou superior a seis meses.

A empresa comprométese a manter en todo momento un stock suficiente para facilita-las entregas necesarias, así como a mellorar o tamaño e calidade das toallas e demais roupa de traballo, se fose necesario.

Corresponderalle ó comité de seguridade e saúde coidar do cumprimento do precedente compromiso.

Non obstante, nos traballados excepcionalmente sucios, como son a brascaxe e os fornos de cocción, o número de pezas de roupa para entregar será de 3, no canto de 2, sen prexuízo de que, así mesmo, sexa atendida calquera emerxencia.

Ademais do previsto nos parágrafos precedentes, faráselles entrega ós traballadores de dúas camisas. Aqueles que ingresen na empresa a partir de xullo, só se lles entregará unha. A roupa entregarase nos meses de xaneiro e xullo de cada ano. Ós de novo ingreso efectuaráselle-la entrega dunha camisa no momento da súa incorporación á obra; e a segunda ós seis meses de recibi-la primeira.

Cada mes de xaneiro e só ós traballadores expostos no seu posto de traballo a inclemencias meteorolóxicas, se lles dotará dun chaquetón de abrigo, que terá unha duración de dous anos.

Todo o anteriormente sinalado sobre dotación de roupa, será de aplicación sempre e cando os servicios que haxa que realizar non requiran a dotación de EPI específicos do posto de traballo.

Uso da roupa.

Os seus usuarios están obrigados a se presentar con ela nos seus postos de traballo. Deberán poñe-la debida dilixencia na súa conservación e limpeza.

Por ser propiedade da empresa só poderá usarse durante as horas de servicio.

Se durante a vida asignada a roupa cesaran os seus usuarios no servicio da empresa, están obrigados a devolve-las últimas que recibisen. Rematado o período de vida ou cando sexan dadas de baixa, pasarán a ser propiedade dos usuarios.

En caso de substitución de EPI, os equipos substituídos devolveranse obrigatoriamente á empresa.

Artigo 20º.-Recoñecemento médico.

Os traballadores deberanse someter ós recoñecementos médicos que realicen os servicios que a empresa ten contratados para a vixilancia da saúde destes. Serán de obrigado cumprimento tódalas disposicións que rexen sobre esta materia na actual lexislación e os seus correspondentes regulamentos e que sexan aplicables á actividade que a empresa realiza.

Capítulo VII

Órganos de representación e participación

Artigo 21º.-Comité de empresa.

O comité de empresa é o órgano máximo de representación colexiada do persoal no centro de traballo.

Os compoñentes do comité de empresa dispoñerán dun crédito de vinte horas mensuais, retribuídas como horas realmente traballadas, para o exercicio das súas funcións.

As ditas horas poderán ser computadas bimensualmente en forma global e distribuídas entre os seus membros segundo o seu propio criterio.

Quedan excluídas do conxunto destas horas, as que correspondan a reunións convocadas pola dirección da empresa e as dedicadas á negociación colectiva.

O comité de empresa disporá dun local para o desenvolvemento das súas funcións.

Disporase, así mesmo, dun taboleiro de anuncios.

Os membros do comité de empresa non poderán ser despedidos nin sancionados dentro do período do exercicio das súas funcións, nin nos dous anos seguintes ó seu mandato, sempre que o despedimento ou sanción se basee na acción do traballador no exercicio das súas funcións.

Se a representación dos traballadores o solicita, a empresa adquire o compromiso de celebrar reunións con carácter trimestral onde informará á dita representación do establecido nos artigos 64 e 65 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Seccións sindicais.

A empresa recoñece as seccións sindicais no seo dela e outórgalles ós seus membros as mesmas garantías que ós membros do comité de empresa.

As distintas seccións sindicais poderán:

a) Facer propaganda sindical ou laboral a través do taboleiro de anuncios asignado ó comité de empresa.

b) Cobra-las cotas sindicais dentro do horario de traballo sen interrompe-lo proceso productivo.

c) En caso de o solicitar, cobra-las cotas sindicais a través da nómina, coa autorización expresa do interesado.

d) Convocar asembleas fóra do horario de traballo.

e) As seccións sindicais presentes no asinamento deste convenio beneficiaranse dun crédito mensual de corenta horas cada unha para o exercicio das súas actividades. Estas seccións sindicais son: CC.OO. e CIG.

Artigo 23º.-Comité de seguridade e saúde.

Haberase que ater a todo o disposto na vixente Lei de prevención. Os seus membros poderán ser elixidos pola asamblea de entre os seus traballadores.

As súas funcións irán encamiñadas a controlar e velar polo cumprimento da lexislación en materia de seguridade e saúde. Se o risco de accidente fose inminente, o comité de seguridade e saúde poderá acorda-la paralización das actividades ata que sexa resolto o motivo de perigo.

O comité de seguridade e saúde reunirase unha vez ó mes, dentro das horas de traballo, sen prexuízo daqueles casos especiais que pola súa gravidade requiran unha reunión extraordinaria.

Artigo 24º.-Dereito de reunión e asemblea.

As asembleas de traballadores que se realicen no centro de traballo rexeranse de conformidade coa normativa vixente, moi especialmente en canto á facultade de convocatoria, presidencia delas, persoas alleas á empresa que teñan que asistir, orde do día dos asuntos que se vaian tratar, comunicación á dirección da empresa, forma de realización, lugar de reunión, votacións e demais dereitos e obrigas.

Cando se trate de asembleas informativas sobre negociación colectiva, deberanse cumprir, ademais dos requisitos expostos, os seguintes:

a) Que se lle comunique ó xefe de obra cunha antelación mínima de 48 horas.

b) Que a súa realización teña lugar fóra das horas de traballo. Neste caso, a empresa aboará, con carácter de ordinarias, ata un máximo de tres horas anuais.

Capítulo VIII

Retribucións

Artigo 25º.-Conceptos retributivos.

A retribución estará integrada polos conceptos retributivos que se indican a seguir e a contía dos cales figura recollida no anexo salarial:

-Salario base.

-Complemento de convenio.

-Complemento de traballos tóxicos, penosos e perigosos.

-Complemento de distancia, mobilidade e transporte.

-Complemento de xefatura de equipo.

-Complemento de quenda.

-Complemento de nocturnidade.

-Complemento de domingos.

-Gratificacións extraordinarias.

-Horas extraordinarias.

-Vacacións.

-Complemento salarial días santos.

-Axuda de comida.

-Axudas de custo.

-Antigüidade.

Artigo 26º.-Regulación dos distintos conceptos.

26.1. Salario base, vacacións, complemento de convenio, complemento de traballos tóxicos, penosos e perigosos, complemento de distancia, mobilidade e transporte.

Segundo as táboas salarias anexas.

26.2. Nocturnidade.

Terán a consideración de traballos nocturnos os efectuados entre as 22 horas e as 6 horas, respondendo a súa regulación ós seguintes criterios:

a) Traballando no dito período menos de catro horas, cobrarase a bonificación das catro horas traballadas no período nocturno.

b) Se exceden de catro horas as realizadas no dito período, retribuirase a bonificación correspondente a tódalas horas da xornada, estean ou non comprendidas no dito período nocturno.

c) A súa contía figura nas táboas salariais anexas.

26.3. Complemento de quendas.

Polo feito de desempeña-lo traballo en réxime de quendas, percibirase un complemento por cada día natural de permanencia na dita situación, cuns valores que figuran nas táboas salariais anexas, equivalentes ó 20% do salario base.

Ningún traballador se poderá opoñer a ocupar, en calidade de correquendas, á quenda de traballo que se lle ordene por parte da empresa para substituí-la a ausencia do titular, tras aviso previo segundo a práctica do costume.

Se por este motivo chegase un traballador a realiza-la dita función de correquendas durante 115 días ou máis ó ano, cobrará o complemento de quendas durante todo o ano.

En calquera caso, entre o final da xornada ordinaria e o inicio do traballo a correquendas mediará unha distancia non inferior a 12 horas.

26.4. Xefatura de equipo.

O persoal que desempeñe a función de xefe de equipo percibirá un complemento por cada día traballado nesta situación, cuns valores que figuran nas táboas salariais anexas.

26.5. Complemento de domingos.

O persoal a complemento que, como consecuencia do seu propio réxime de traballo, veña obrigado a traballar en domingos, percibirá por cada domingo traballado un complemento cuns valores que figuran nas táboas salariais anexas.

26.6. Horas extraordinarias.

O valor de cada hora extraordinaria traballada, segundo a súa distinta clasificación, é o que figura nas táboas salariais anexas.

26.7. Gratificacións extraordinarias.

O número de gratificacións extraordinarias é de dúas:

-Gratificación do 25 de xullo.

-Gratificación do Nadal.

Cada unha destas pagas terá o valor que figura nas táboas salariais anexas, e aboaranse, como máximo, o día anterior ó 16 de xullo e 20 de decembro, respectivamente.

Estas gratificacións serán aboadas en proporción ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano en que se retribúan.

26.8. Penalización sobre faltas de asistencia e puntualidade.

As faltas inxustificadas ou de impuntualidade no traballo producirán a reducción ou perda do dito complemento de desprazamento, de acordo coa seguinte escala.

a) Faltas de asistencia.

-Por un día de falta: reducción de 1.764 pesetas.

-Por dous días de falta: reducción de 5.292 pesetas.

-Por tres días de falta: reducción de 9.261 pesetas

b) Faltas de puntualidade.

-Por un día de falta de puntualidade: reducción de 441 pesetas.

-Por dous días de falta de puntualidade: reducción de 882 pesetas.

-Por tres días de falta de puntualidade: reducción de 2.205 pesetas.

-A partir do quinto día de falta de puntualidade: 9.261 pesetas.

26.9. Axudas de custo.

As axudas de custo, para a regulación das cales estarase conforme ó disposto na derrogada ordenanza siderometalúrxica, aboaranse na contía que se amosa nas táboas salariais anexas.

De acordo coa dita ordenanza, deséxase facer fincapé en que, se por circunstancias especiais os gastos orixinados polo desprazamento exceden do importe das axudas de custo, o exceso deberao aboa-la empresa, tras coñecemento previo desta e posterior xustificación polos traballadores.

26.10. Antigüidade.

Os traballadores comprendidos neste convenio percibirán aumentos periódicos por anos de servicio consistentes no aboamento de quinquenios na contía do 5% do salario base correspondente á categoría na que estean clasificados, cuns valores que figuran nas táboas salariais anexas e que se percibirán nos once meses de presencia efectiva no traballo.

Artigo 27º.-Traballos de categoría superior.

Ó traballador que realice traballos de categoría superior ó que corresponda á súa propia categoría por un período superior a catro meses consecutivos nun ano, outorgaráselle a dita categoría superior.

27.1. Ascensos.

De conformidade cos acordos alcanzados durante a negociación do anterior convenio, creouse unha comisión paritaria para actuar en todo o referente a ascensos.

Está formada polos mesmos representantes que figuran na comisión de interpretación e vixilancia do convenio. Será paritaria para efectos de votación e as decisións tomaranse por maioría simple.

Os ascensos rexeranse polo seguinte réxime:

Réxime de ascensos.

Convocadas as prazas que se van cubrir en cada categoría, de cada tres, unha proverase por antigüidade agás que se acredite a carencia de aptitude no traballador e as outras dúas por concurso e probas de aptitude.

O ascenso dos traballadores a postos de traballo que impliquen mando ou confianza, serán de libre designación da empresa.

Para ascender a unha categoría profesional superior estableceranse sistemas de carácter obxectivo, tomando como referencia entre outras as seguintes circunstancias:

a) Titulación axeitada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado traballos de superior categoría profesional.

e) Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, que serán axeitadas ó posto que se vai desempeñar.

f) A permanecia na categoría profesional.

g) En idénticas condicións de idoneidade, adxudicarase o ascenso ó máis antigo.

Os representantes legais dos traballadores controlarán a aplicación correcta do anteriormente sinalado.

Artigo 28º.-Días de pagamento e anticipos.

A liquidación de cada mensualidade farase efectiva o día 14 de cada mes ou o anterior hábil, se aquel coincidise con domingo ou festivo.

Para cobrar, enténdese que o traballador non poderá abandona-lo posto de traballo, polo que a empresa fará efectivos os salarios correspondentes mediante transferencia bancaria domiciliada.

Esta comprométese a que a listaxe de transferencias estea en poder do banco co que a mesma traballa, cando menos, un día antes da data de pagamento.

Non obstante, o persoal terá dereito a percibir, se o solicita, un anticipo mensual que non poderá exceder do 90% dos salarios retribuídos. O pagamento farase efectivo o día 28 de cada mes, ou o anterior día hábil, se aquel coincidise con domingo ou festivo, efectuándose o aboamento como na actualidade.

Artigo 29º.-Préstamos.

Créase un fondo de préstamos sen xuro de dous millóns de pesetas, ó dispor dos traballadores.

A regulación deste está concretada no regulamento específico, aprobado no seu día pola comisión mixta e que se incorpora como anexo a este convenio.

Artigo 30º.-Incremento salarial.

Durante o ano 2000 as retribucións salariais son as que figuran nas táboas anexas.

Cláusula de revisión salarial para o 2º semestre de 2000.

Con independencia de que nas táboas do 2º semestre de 2000 figura un incremento dun 3% sobre as do 1º semestre do devandito ano, ese incremento considérase anticipo a conta, xa que o salario final deste semestre será o IPC real estatal do ano 2000, máis 0,75%. Por tanto, unha vez que se coñeza oficialmente o IPC do ano 2000 e con efectos de 1-7-2000, procederáse a efectuar, se procede, a correspondente revisión salarial, a diferencia da cal

se fará efectiva na nómina do mes no que o devandito IPC do ano 2000 se coñeza oficialmente.

Incremento para 2001 e 2002.

Para 2001: as táboas de 2000 coa súa revisión, se procedese, veranse incrementadas co IPC real estatal do ano 2001 máis 0,75%.

Para 2002: as táboas de 2001 veranse incrementadas co IPC real estatal do ano 2002 máis 0,75%.

Malia o anterior; e dado que o incremento para 2001 se coñecerá oficialmente en xaneiro de 2002; e o do ano 2002 en xaneiro de 2003; as partes fixarán en xaneiro de 2001 e en xaneiro de 2002, o incremento dunha porcentaxe a conta en función do IPC previsto para ese ano.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Comisión de interpretación e vixilancia.

Co fin de velar polo cumprimento do convenio nos termos pactados e dirimir cantas cuestións suscite a súa aplicación, créase a presente comisión paritaria, composta por:

Representación da empresa:

José Ángel Corral Leciñana.

Antonio Íñigo Bartolomé.

José Antonio Fernández Fernández.

Representación dos traballadores:

Francisco Cazón Pardo.

Domingo Mateo Almagro.

Xosé Ramón Maseda Blanco.

A comisión será paritaria para efectos de votación e as decisións tomaranse por maioría simple. As posibles discrepancias serán sometidas á autoridade competente.

Segunda.-Normativa complementaria.

Para o non previsto neste convenio, seguirase o disposto na derrogada ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes.

Terceira.-Acordo de formación continua.

Durante a vixencia deste convenio, as representacións asinantes del establecerán un calendario de reunións co fin de regular un sistema de formación profesional continuo que afectará a tódolos traballadores encadrados no seu ámbito de aplicación e que permita mellora-los seus coñecementos profesionais e a capacidade productiva dos seus métodos de traballo.

Acta complementaria ó convenio colectivo para 2000, 2001 e 2002 da empresa Reparaciones y Montajes Galicia, S.A., Reymogasa, para o seu centro de traballo de San Cibrao

Asistentes:

Polos traballadores:

Xosé Ramón Maseda Blanco.

Víctor José López Suárez.

Francisco Cazón Pardo.

Francisco Goas Castro.

Antonio Álvarez Pérez.

Francisco Álvarez Fragoso.

José Domínguez Meitín.

Domingo Mateo Almagro.

José Manuel Pérez Méndez.

Pola empresa:

José Ángel Corral Leciñana.

Luis Ángel Fernández Lozano.

En San Cibrao (Lugo), e na data que consta na acta de outorgamento, reúnense os arriba relacionados, que integran a comisión deliberadora do convenio colectivo da empresa Reparaciones y Montajes Galicia, S.A., (Reymogasa), co fin de concretar e puntualizar en determinados aspectos que se derivan da posta en aplicación do convenio colectivo e recoller outros acordos complementarios ó seu texto articulado.

1. Persoal a quendas.

Tendo en conta as especiais circunstancias que concorren neste persoal, razóns de organización aconsellan como sistema menos perturbador no aspecto funcional, que continúen gardando o mesmo sistema de relevos e de descansos cíclicos que veñen observando, establecéndose un programa complementario de descansos acumulados, o calendario do cal se concretará mediante posterior acordo entre comité e empresa, de conformidade coas posibilidades funcionais de cada instalación. O desfrute deste período complementario será obrigatorio.

2. Mensualización da nómina.

As retribucións que, para cada categoría, figuran nas táboas salariais anexas ó convenio colectivo -salario anual- corresponden á xornada pactada no artigo 7º, en cómputo anual, suposta unha plena presencia.

Non obstante, por acordo das partes e malia a irregularidade na distribución da xornada, co fin de manter unha certa uniformidade nas percepcións mensuais dos traballadores, excepción feita do mes de vacacións, as ditas retribucións aboaranse en once mensualidades, cun importe mensual e diario, suposta unha plena presencia, que aparece indicado na segunda e terceira columna das citadas táboas salariais.

3. Complementos que desapareceron.

Conforme co pactado en anteriores negociacións, quedou eliminada a chamada axuda de economato, o importe da cal quedou integrado nas pagas extras de xullo e Nadal, entendéndose, non obstante, que na dita integración non se desvirtúa a natureza e finalidade da axuda nos convenios anteriores.

Desapareceu igualmente do artigo 25º de convenios anteriores o concepto de complemento de asistencia e plus de desprazamento, e integráronse en complemento convenio. Tal e como se expresa no parágrafo que antecede, a dita integración non desvirtúa a natureza e finalidade que mencionados conceptos tiñan en convenios anteriores.

4. Cambio de cubas e reparacións de superestructuras.

Os cambios de cubas e reparacións de superestructuras realizaranse normalmente mediante a organización de quendas de traballo, co fin de evita-la realización de horas extraordinarias.

Se nalgún caso non fose posible facelo, informarase o comité das razóns que impiden tal medida.

5. Complemento salarial días festivos.

Por requirimento da representación dos traballadores, aclárase o contido do artigo 8º do convenio colectivo, no sentido de que o complemento salarial correspondente ás horas traballadas en días festivos polo persoal a quendas aparecerá nos libramentos de salarios baixo un epígrafe independente, para efectos da súa cotización á Seguridade Social como horas estructurais, sen que isto afecte o cómputo das ditas horas como parte integrante da xornada anual ordinaria pactada no convenio.

6. Descansos compensatorios.

De conformidade co artigo 10º do convenio colectivo, as horas que se efectúen fóra da xornada normal de traballo acumularanse para descansos compensatorios. Cada unha destas horas acumuladas aboarase o prezo que a seguir se detalla, diferencia resultante entre importe da hora ordinaria e a hora extraordinaria. Esta diferencia amosarase nos libramentos de salarios baixo o epígrafe horas extraordinarias, tendo o importe resultante a consideración de horas de carácter estructural, para efectos da súa cotización á Seguridade Social e do establecido no Real decreto 1858/1981.

7. Persoal en quenda 24 e 31 de decembro.

O persoal adscrito ó réxime de quendas 3 T4/5 e que labore nesta situación os días 24 e 31 de decembro, sempre que estes días sexan considerados non laborables entregaráselle, con independencia do salario normal e polo fondo para fins asistenciais, unha gratificación por día traballado do seguinte importe:

Oficial de 1ª: 12.349 pesetas.

Oficial de 2ª: 11.477 pesetas.

Oficial de 3ª: 10.658 pesetas.

Especialista: 9.773 pesetas.

Peón: 8.281 pesetas.

Estas cantidades revisaranse tódolos anos de vixencia do convenio, na mesma porcentaxe cás táboas salariais.

E en proba de conformidade con canto antecede, asínase esta acta no lugar e data indicados no encabezamento.

Regulamento dos préstamos a que se refire o convenio colectivo no seu artigo 29º.

Regulamento.

a) A súa contía por traballador será como máximo o equivalente a 3 meses do seu salario base.

b) A devolución efectuarase en 12 fraccións iguais, coincidentes coas mensualidades dos 12 meses naturais seguintes á súa percepción.

c) O vencemento da débeda, en caso de remate da relación laboral, producirase de forma automática e na totalidade da contía do pendente no mesmo momento de se producir aquela.

d) Os préstamos previstos neste punto terán un límite máximo de diñeiro en circulación para o conxunto dos traballadores afectados no convenio de 2.000.000 de pesetas.

e) Mensualmente a comisión paritaria facilitaralle ó conxunto dos traballadores información relativa ó estado de amortizacións e novas peticións.

Obxecto e ámbito de aplicación.

Artigo 1º

O obxecto e ámbito de aplicación deste regulamento consiste na regulación dos préstamos establecidos no artigo 29º do convenio colectivo e que esta empresa lle outorga ó seu persoal fixo de obra consonte a seguinte normativa:

Solicitude, forma e motivos.

Artigo 2º

A solicitude de petición deberase dirixir á comisión paritaria (empresa/comité de empresa). Esta comisión formarana as mesmas persoas que a do fondo asistencial, e farase constar na dita solicitude o seguinte:

a) Identidade do solicitante.

b) Circunstancias dos familiares que permanentemente convivan con el.

c) Circunstancias persoais referidas á petición.

d) Outros datos que o peticionario considere de interese para identificar e xustifica-lo obxecto que se vai adquirir ou gasto que se vai realizar, facturas, orzamentos, etc., que fundamenten a petición do préstamo.

Requisitos e preferencias para a súa concesión.

Artigo 3º.

No referente á regulación do artigo 29º do mencionado convenio, os traballadores, ante unha necesidade debidamente xustificada, poderán solicitar un préstamo cunha contía que non poderá exceder de tres mensualidades do seu salario base.

Os requisitos e preferencias serán os seguintes:

a) A quen nunca lle fose outorgado outro préstamo.

b) Existencia dalgunha enfermidade, ben no traballador, ben nalgún membro da familia que habitualmente conviva con el e orixine gasto extraordinario.

c) Reparacións necesarias para a normal conservación e utilización da vivenda.

d) Reformas importantes na vivenda, por aumento de familiares, a cargo do empregado. Adquisición de pertenzas para a ela.

e) Axuda económica necesaria para levar a cabo a titulación oficial da vivenda habitual mediante escritura pública.

f) Persoal solteiro que vaia contraer matrimonio nun prazo máximo non superior a 3 meses, contados a partir da data de petición.

g) Por bautizo, comuñón ou casamento dun fillo.

h) Traballadores con aumento de familiares ó seu cargo.

i) Traballadores con menor poder adquisitivo.

j) Traballadores que realicen o segundo ou sucesivos equipamentos da súa vivenda e que non teñan pendente de reintegro ningún préstamo coa empresa.

k) Ser desaloxado da vivenda habitual que ocupa por algunha causa allea á propia vontade e ter que axeita-las pertenzas a ela.

l) Outras circunstancias imprevistas que, a criterio da comisión paritaria, lle causen dificultades económicas importantes ó traballador.

Fondo, contía do crédito e amortizacións.

Artigo 4º

De conformidade co artigo 29º do convenio colectivo, establécese un fondo de 2.000.000 de pesetas. Igualmente, o importe máximo do préstamo que se conceda será o equivalente a 3 mensualidades do seu salario base que figura na táboa salarial do citado convenio.

Artigo 5º

De acordo co citado artigo, o prazo máximo de amortización será de 12 pagamentos consecutivos, dentro dun ano, contado a partir do mes seguinte ó da data da súa concesión, non percibindo xuro ningún.

Artigo 6º

Así mesmo, respecto a este préstamo, indícase que non se poderá solicitar novamente ata non ter liquidado na súa totalidade o anterior.

Obrigas do traballador.

Artigo 7º

O traballador deberalle entregar á comisión paritaria unha copia do documento que xustifique o gasto que se vaia realizar.

Artigo 8º

O traballador deberá destinar, única e exclusivamente, o préstamo para o uso ó que este lle foi autorizado.

Artigo 9º

A comisión paritaria obrigará a amortizar anticipadamente o préstamo nos seguintes casos:

a) Por falsidade dalgún dos datos solicitados.

b) Que exista manifesto incumprimento das normas establecidas no regulamento.

c) Por extinción da relación laboral coa empresa.

Táboa salarial da empresa Reymogasa

Categoría: oficial 1ª

Ano 2000

Do 1-1-2000 ó 30-6-2000

ConceptoSalario anualSalario mensualSalario diario

Salario base1.093.35699.3963.313

Complemento asistencia171.43715.585742

Antigüidade54.6684.970166

Complemento convenio77.1917.017334

Tóxico, penoso, per.98.9528.996428

Complemento desprazam.98.9528.996428

Vacacións169.312

Extra xullo153.214

Extra Nadal153.214

Complemento quendas218.67219.879663

Complemento nocturnidade663

Complemento c.s. festivo11.989

Complemento xef. equipo182.14416.559789

Complemento domingo2.202

Complemento mob. transp.288.32426.2111.248

Hora extra1.275Media ax. custos2.363

Hora festiva1.518Axuda custos4.426

Axuda comida46.914

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é a media obtida de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario para os conceptos de salario base, antigüidade e complemento de quendas é o resultado de dividir por 30 o salario mensual.

Para o resto de conceptos mensuais o salario diario é o resultado de dividir por 21 o salario mensual.

Táboa salarial da empresa Reymogasa

Categoría: oficial 2ª

Ano 2000

Do 1-1-2000 ó 30-6-2000

ConceptoSalario anualSalario mensualSalario diario

Salario base1.065.20996.8373.228

Complemento asistencia163.47314.861708

Antigüidade53.2604.842161

Complemento convenio77.1917.017334

ConceptoSalario anualSalario mensualSalario diario

Tóxico, penoso, per.95.0128.637411

Complemento desprazam.98.9528.996428

Vacacións159.338

Extra xullo143.235

Extra Nadal143.235

Complemento quendas213.04319.368646

Complemento nocturnidade646

Complemento c.s. festivo

Complemento xef. equipo176.88716.081766

Complemento domingo2.203

Complemento mob. transp.237.13221.5571.027

Hora extra1.142Media ax. custos2.363

Hora festiva1.409Axuda custos4.426

Axuda comida46.914

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é a media obtida de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario para os conceptos de salario base, antigüidade e complemento de quendas é o resultado de dividir por 30 o salario mensual.

Para o resto de conceptos mensuais o salario é o resultado de dividir por 21 o salario mensual.

Táboa salarial da empresa Reymogasa

Categoría: oficial 3ª

Ano 2000

Do 1-1-2000 ó 30-6-2000

ConceptoSalario anualSalario mensualSalario diario

Salario base1.021.49192.8633.095

Complemento asistencia163.85414.896709

Antigüidade51.0744.643155

Complemento convenio77.1917.017334

Tóxico, penoso, per.87.1807.925377

Complemento desprazam.98.9528.996428

Vacacións156.262

Extra xullo140.166

Extra Nadal140.166

Complemento quendas204.30018.573619

Complemento nocturnidade619

Complemento c.s. festivo10.348

Complemento xef. equipo169.95715.451736

Complemento domingo2.215

Complemento mob. transp.232.19021.1081.005

Hora extra1.022Media ax. custos2.363

Hora festiva1.311Axuda custos4.426

Axuda comida46.914

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é a media obtida de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario para os conceptos de salario base, antigüidade e complemento de quendas é o resultado de dividir por 30 o salario mensual.

Para o resto de conceptos mensuais o salario diario é o resultado de dividir por 21 o salario mensual.

Táboa salarial da empresa Reymogasa

Categoría: especialista

Ano 2000

Do 1-1-2000 ó 30-6-2000

ConceptoSalario anualSalario mensualSalario diario

Salario base998.84990.8043.027

Complemento asistencia135.50312.318587

Antigüidade49.9424.540151

Complemento convenio77.1917.017334

Tóxico, penoso, per.81.4557.405353

Complemento desprazam.98.9528.996428

Vacacións147.856

Extra xullo131.755

Extra Nadal131.755

Complemento quendas199.77018.161605

Complemento nocturnidade605

Complemento c.s. festivo9.488

Complemento xef. equipo166.43215.130720

Complemento domingo2.215

Complemento mob. transp.230.28820.935997

Hora extra887Media ax. custos2.363

Hora festiva1.197Axuda custos4.426

Axuda comida46.914

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é a media obtida de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario para os conceptos de salario base, antigüidade e complemento de quendas é o resultado de dividir por 30 o salario mensual.

Para o resto de conceptos mensuais o salario diario é o resultado de dividir por 21 o salario mensual.

Táboa salarial da empresa Reymogasa

Categoría: peón

Ano 2000

Do 1-1-2000 ó 30-6-2000

ConceptoSalario anualSalario mensualSalario diario

Salario base841.59676.5092.550

Complemento asistencia107.7939.799467

Antigüidade42.0803.825128

Complemento convenio77.1917.017334

Tóxico, penoso, per.70.8866.444307

Complemento desprazam.98.9528.996428

Vacacións134.516

Extra xullo118.416

Extra Nadal118.416

Complemento quendas168.31815.302510

Complemento nocturnidade510

Complemento c.s. festivo8.040

Complemento xef. equipo140.01312.728606

Complemento domingo2.223

Complemento mob. transp.232.29321.1181.006

Hora extra748Media ax. custos2.363

Hora festiva1.014Axuda custos4.426

Axuda comida46.914

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é a media obtida de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario para os conceptos de salario base, antigüidade e complemento de quendas é o resultado de dividir por 30 o salario mensual.

Para o resto de conceptos mensuais o salario diario é o resultado de dividir por 21 o salario mensual.

Táboa salarial ano 2000

Reymogasa - centro de traballo de San Cibrao

Oficial 1ªOficial 2ªOficial 3ªEspecialistaPeón

ConceptosAnualMensualDiarioAnualMensualDiarioAnualMensualDiarioAnualMensualDiarioAnualMensualDiario

Salario base1.126.157102.3783.4131.097.16599.7423.3251.052.13695.6493.1881.028.81493.5293.118866.84478.8042.627

Antigüidade56.3085.11917154.8584.98716652.6074.78215951.4414.67615643.3423.940131

Tóxico, penoso, perigoso101.9219.26644197.8628.89742489.7958.16338983.8997.62736373.0136.638316

Complemento convenio499.48545.4082.162438.55439.8691.899433.85739.4421.878402.69636.6091.743376.22034.2021.629

Complemento

dist./mobil./transporte

155.49614.136673155.49614.136673155.49614.136673155.49614.136673155.49614.136673

Vacacións174.391164.118160.950152.292138.551

Extra xullo157.810147.532144.371135.708121.968

Extra Nadal157.810147.532144.371135.708121.968

Axuda comida51.32151.32151.32151.32151.321

Complemento xef. equipo187.60817.055812182.19416.563789175.05615.914758171.42515.584742144.21313.110624

Compl. quendas225.23120.476683219.43319.948665210.42719.130638205.76318.706624173.36915.761525

Nocturnidade683665638624525

Complemento domingos2.5502.5502.5502.5502.550

Complemento c.s. festivo12.34911.47710.6589.7738.281

Media axuda custos2.4342.4342.4342.4342.434

Axuda custos4.5594.5594.5594.5594.559

Hora extra1.3131.1761.053914770

Hora festiva1.5641.4511.3501.2331.044

O salario anual é a retribución total pactada suposta unha plena presencia.

O salario mensual é a media obtida de dividir entre 11 meses o salario anual.

O salario diario para os conceptos de salario base, antigüidade e complemento de quendas é o resultado de dividir por 30 o salario mensual.

Para o resto de conceptos mensuais o salario diario é o resultado de dividir por 21 o salario mensual.