Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 207/2000 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que de seguido se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, os números dos cales se citan a seguir:

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta máxima

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 207/200023-o) en relación co 26-e) LO 1/1992Misericordia, 50

Viveiro

Ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 216/200023-o) en relación co 26-e) LO 1/1992Misericordia, 50

Viveiro

Ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Impacto Lugo, S.L.B-27.254.465LU-E 221/200026-e) ou 23-e) en relación co 26-e) LO 1/1992Novo Cazón, 16

Vilalba

Ata 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior, Rafael López Charques, e secretario o xefe de grupo D, Constantino Alvar Cabido, que poderán se recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus

dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996 da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 20 de novembro de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo