Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Organización de Autónomos e Profesionais da Localidade de Campo Lameiro-OAP Campo Lameiro.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve-

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Organización de Autónomos e Profesionais da Localidade de Campo Lameiro-OAP Campo Lameiro, que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: tódolos que realicen un traballo por contra propia e exerzan a súa actividade profesional no ámbito territorial descrito.

Asinan a acta de constitución Serafín Martínez Fraguas e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 16 de novembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra