De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Organización de Autónomos de Profesionais da Localidade de Vilagarcía de Arousa-OAP Vilagarcía de Arousa, que abranguen os seguintes ámbitos.
Territorial: local.
Profesional: tódolos que realicen un traballo por conta propia e exerzan a súa actividade profesional no ámbito territorial da localidade descrita.
Asinan a acta de constitución Eduardo Abad Sabarís e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 16 de novembro de 2000.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra