Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite de urxencia e tramitación anticipada, para a contratación de servicios de mantemento dos equipos e instalacións que compoñen a rede radioeléctrica do Servicio de Inspección e Vixilancia Pesqueira da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: contratación de servicios de mantemento dos equipos e instalacións que compoñen a rede radioeléctrica do Servicio de Inspección e Vixilancia Pesqueira da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Prazo de execución: desde o 1-1-2001 ata o 31-12-2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipada de expediente de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: cinco millóns seiscentas corenta e cinco mil pesetas (5.645.000 pesetas), (33.927,13 euros).

5. Garantía provisional.

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 40 79.

e) Telefax: 981 54 40 31.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=113.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixen.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo de San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15781), ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contrados do Estado.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de propostas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2000.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños