Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 109/1999 e 146/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, as contías e números das cales se citan a seguir:

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta

José M. Veiga Pérez33.829.525LU-E 109/199926-e) LO 1/1992Serra Gañidoira, 82

Lugo

40.000 pesetas

Mambo Tropical, S.L.B-27.215.581LU-E 146/200026-e) LO 1/1992Monte de Meda

Guntín

25.000 pesetas

Contra estas resolucións poderán interpoñe-los interesados recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma haberá de aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se rematará o mesmo. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 20 de novembro de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo